O Concello de Nigrán e a academia con sede en Nigrán ‘Kids&Us’ ofrecen este sábado 25 de maio ás 11:30 horas no Auditorio Municipal o contacontos en inglés ‘Mousy and the big red ball’, dirixido a crianzas de ata 4 anos pero tamén divertido para os maiores da casa. A entrada é de balde ata completarse o aforo.