Home A Paradanta A Cañiza A Deputación destina 150.000 euros aos servizos de normalización lingüística de seis...

A Deputación destina 150.000 euros aos servizos de normalización lingüística de seis concellos da provincia

- Anuncio -

Benefícianse dos recursos da institución provincial todos os concellos que solicitaron as axudas: A Cañiza, A Estrada, Moaña, Ponteareas, O Porriño e Valga

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres da aprobación en Xunta de Goberno da adxudicación das axudas para a creación, o mantemento e o reforzo dos servizos de normalización lingüística, dirixidas tanto a concellos como outras entidades locais da provincia. Luis López informou de que “aprobamos un total de 150.000 euros e damos cobertura a todas as solicitudes que recibimos, un total de 6”, de xeito que recibirán estes recursos os concellos da Cañiza, A Estrada, Moaña, Ponteareas, O Porriño e Valga.

Cada un destes seis concellos recibirá 25.000 euros, a contía máxima que podían percibir as entidades que solicitasen as axudas para o mantemento e reforzo deste servizo (pois todos eles xa contaban cun servizo de normalización lingüística á hora de cursar a solicitude) e sempre que non superase o 80% dos gastos. O presidente provincial deu os parabéns aos seis concellos e remarcou “o meu compromiso coa lingua, a miña, a de todos” sinalando que o galego “é un dos símbolos da nosa cultura, que nos dá unha pegada única no mundo”.

Todos os concellos de menos de 50.000 habitantes, ou agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores, eran susceptibles de beneficiarse desta liña da Deputación, coa que se sufragan os custos ou ben da creación deste servizo ou ben para o seu mantemento ou reforzo. Neste segundo caso, as achegas repercutirán ou na contratación de máis persoal ou no incremento na xornada do persoal do que xa dispoñen.

Relacionadas

A ANPA Cal do Vergazo, en colaboración co concello da Lama, celebra este domingo...

0
O alcalde David Carrera e membros desta asociación escolar presentaron a actividade que contará con 51 expositores, música e obradoiros participativos O alcalde da Lama,...

A Deputación leva este domingo a Soutomaior o circuíto +Escénicas con “O tranvía Leonardo”,...

0
O espectáculo para público infantil celebrarase ás 17:30 horas na Casa da Cultura +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

O BNG emenda os orzamentos da Xunta para que Soutomaior conte canto antes co...

0
O BNG de Soutomaior vén de presentar as súas emendas aos Orzamentos da Xunta de 2025. O obxectivo destas emendas é que a Xunta...

A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A viaxe de Lucy”...

0
O documental poderá verse na Casa do Pobo de Corredoira ás 18:30 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

400 escolares aprenden a alimentarse de maneira saudable

0
● O Concello do Porriño, coa colaboración do SERGAS, impulsa estes talleres de nutrición nos centros educativos O Concello do Porriño segue apostando pola promoción...

A Deputación leva este sábado ás Neves a proxección de “Os espazos en branco”...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

Publicacións Relacionadas