test
Home Ourense “Correndo por Ourense” chega esta fin de semana ao barrio do Couto

“Correndo por Ourense” chega esta fin de semana ao barrio do Couto

- Anuncio -

O sábado, día 25 de maio, a rúa Dali estará pechada ao tráfico desde as 19.00 horas e a partir das 21.30 h tamén as rúas Ervedelo e a dos Remedios

O Consello Municipal de Deportes organiza este sábado, día 25 de maio, a Carreira do Couto dentro do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”.

Cortes de tráfico

Desde hoxe, venres 24 de maio, non se poderá estacionar na parte superior da rúa Dalí para a montaxe da carpa de chegada e a rúa Faustino Míguez na súa parte inferior esquerda para a montaxe da carga de avituallamento.

O sábado, 25 de maio, desde as 19.00 horas estará cortado o tráfico a rúa Dalí no tramo entre as rúas dos Remedios e Ervedelo e, a partir das 21.30 horas, cortaranse tamén as rúas de Ervedelo e dos Remedios.

Itinerario alternativo

Poderanse utilizar as seguintes vías alternativas:

Na rúa Doutor Fléming e na rúa Reza, desprazaranse pola rúa Portocarreiro, Fonte do Bispo, praza do Couto, rúa Francisco Moure, Faustino Santalices, Simón de Monasterio, Carlos Maside, Sorolla e rúa Ervedelo (sentido centro da cidade).

No cruzamento da rúa Ervedelo coa praza de San Rosendo desviarase o tráfico pola rúa do Progreso.

Na rúa Greco desviarase o tráfico pola avda. Pardo de Cela.

Na rúa Bispo Lourenzo á altura dos Xulgados, desvíase o tráfico pola Ponte Lebrona que será de sentido cara ao centro da cidade.

Encamiñarase o tráfico con conos na rúa Ervedelo, entre a praza Sorolla e a praza da Chave, permitindo o tráfico en sentido de entrada á cidade (tramo común coas persoas participantes na carreira).

Relacionadas

Luis Menor ponse a disposición da militancia para ofrecer a Ourense un proxecto de...

0
·        Para un labor máis eficiente dos representantes públicos en calquera área, pero cunha especial atención ao mundo local, propuxo recuperar o gabinete de asesoría...

O Concello celebra a proposta do COE de que a ourensá Támara Echegoyen sexa...

0
O alcalde Gonzalo Pérez Jácome asegura que “é un orgullo e unha inmensa ledicia” para Ourense, e destaca a figura da regatista, campioa olímpica,...

O goberno municipal pon en valor que as Festas de Ourense 2024 foron “das...

0
As Festas de Ourense 2024 foron "das máis participativas dos últimos anos aínda que tiveron un custo inferior á media dos últimos 20 exercicios...

A Deputación de Ourense, finalista nos Premios do Congreso de Innovación e Servizos na...

0
O proxecto presentado pola administración provincial é a “Área de Benestar: Administración Electrónica Multicanle orientada á Cidadanía”. Os outros dous finalistas xunto á Deputación...

A Deputación e a Casa Museo de Rosalía de Castro colaborarán na divulgación en...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Casa Museo de Rosalía de Castro, Anxo Angueira, para...

Luis Menor inicia un percorrido pola provincia para dar a coñecer a súa candidatura...

0
·      Na sede popular en Celanova e no salón de actos do Concello de Bande, o candidato detallou un programa de partido estruturado en dúas...

Publicacións Relacionadas