test
Home A Coruña O auditorio municipal de Cariño acolle este sábado a VI edición do...

O auditorio municipal de Cariño acolle este sábado a VI edición do Festival do Mar

- Anuncio -

• Participan as corais de Ortigueira, Noia e Cariño

• O evento, organizado pola Coral Polifónica de Cariño, empeza ás 19:30 horas

• É a evolución do antigo Festival do Mariñeiro, que conta con décadas de historia

O auditorio municipal de Cariño acolle este sábado, 25 de maio, a sexta edición do Festival do Mar, que reunirá ás corais polifónicas de Ortigueira, Noia e Cariño.

Esta última é a organizadora do evento, que será gratuíto para os socios da coral e terá un custo de tres euros para o resto de persoas asistentes.

Durante o evento, o auditorio contará cunha exposición de dispositivos de pesca antigos, con máis de 40 anos de historia e realizaranse diferentes sorteos.

Este festival nace como a evolución do antigo Festival do Mariñeiro, que cada ano homenaxeaba á xente do mar elixindo a unha persoa relacionada con ese ámbito, ben fosen mariñeiros que se xubilaban ou outro tipo de cargos vinculados ao propio mar, co obxectivo de poñer en valor as profesións deste sector.
Segundo indica a alcaldesa, Ana María López, “este Festival do Mar representa á perfección a tradición do noso pobo, seguindo a evolución desde o antigo Festival do Mariñeiro, mantendo presente o noso vínculo co mar”.

Desde o Concello de Cariño animan a todo o mundo, veciños e visitantes, a achegarse este sábado ata o auditorio municipal e gozar deste festival de corais.

Relacionadas

Incendio nun local hostaleiro da rúa do Concello de Miño

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos interviñeron pasadas as 14:00 horas deste mediodía nun operativo dirixido á extinción dun lume ocasionado no...

Susana Sampedro foi recoñecida pola súa traxectoria artística polo Concello de Ribeira

0
O Concello de Ribeira fíxolle unha recepción á querida veciña e actriz, Susana Sampedro.Arroupada por familiares, amigos veciñanza foi recepcionada no auditorio vello polo...

Alternativa presenta unha moción sobre a granxa porcina de Lañas

0
Alternativa dos Veciños presentou unha moción sobre as irregularidades na actividade da granxa porcina que se sitúa no lugar da Ermida na parroquia de...

Compostela #mudaoconto con teatro contra o antixitanismo de xénero

0
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais colabora con AGARESO, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, no seu programa #mudaoconto contra...

O Concello de Ortigueira oferta unha ampla programación de roteiros de sendeirismo durante todo...

0
• A iniciativa ‘Ortigueira ao paso’ é completamente gratuíta e programa 14 saídas entre durante os meses de xullo, agosto e setembro. O Concello de...

Belén do Campo anuncia a licitación das obras de ampliación e mellorado CEIP Mar...

0
 A delegada da Xunta destacou que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun centro con maior espazo, confort térmico...

Publicacións Relacionadas