Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán atrae ao proxecto ‘Verdear’ de Alborada ao parque...

O Concello de Nigrán atrae ao proxecto ‘Verdear’ de Alborada ao parque forestal ‘Os Matos- Río Táboas’

- Anuncio -

Unha quincena de usuarios colaborou hoxe coa Brigada Medioambiental na plantación de especies autóctonas e inoculación de shiitake

Estamos dándolle unha función social desde a súa orixe, por iso organizamos xornadas de plantación con entidades, colexios e voluntariado, porque cremos que o monte é vida”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán colabora desde hoxe co proxecto ‘Verdear’ de Alborada ofrecendo formación aos seus usuarios a cargo da Brigada Medioambiental Municipal no parque forestal ‘Os Matos- Río Táboas’. Con este obxectivo, esta mañá unha quincena de usuarios aprendeu a inocular shiitake en tocón de eucalipto para producir esta seta ao tempo que se destrúe por completo esta árbore invasora e, ao mesmo tempo, plantaron especies autóctonas como carballos e castiñeiros. A experiencia irá repetíndose con sucesivos grupos porque o obxectivo de ‘Verdear’ é dotar os usuarios dunha formación suficiente no ámbito da agricultura ecolóxica, para que no futuro poidan conseguir desde un emprego a ben integrarse nalgún dos proxectos de hortos urbanos que, cada vez con maior frecuencia, se desenvolven en toda a comarca.

Así, ao longo de sucesivas semanas, os usuarios poderán adquirir novos coñecementos mediante prácticas neste espazo natural de 42 hectáreas de Camos en Chandebrito que resultaran calcinadas nos incendios de 2017.

“Este é o proxecto medioambiental máis ambicioso da comarca nas últimas décadas e desde o Concello de Nigrán estamos dándolle unha función social desde a súa orixe, por iso organizamos xornadas de plantación con entidades, colexios e voluntariado, porque cremos que o monte é vida e que educando e participando estamos garantindo o seu futuro e o noso como especie”, sintetiza o alcalde, Juan González.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas