Free Porn
xbporn
Home A Coruña Boqueixón celebra as vodas de ouro das Carrozas do San Cidre co...

Boqueixón celebra as vodas de ouro das Carrozas do San Cidre co obxectivo de ser Festa de Interese Turístico de Galicia

- Anuncio -

A conselleira do Medio Rural resaltou que “os labores tradicionais do agro que nestas carrozas se reflexan contribúen a unir á xente do rural e forman parte do acervo colectivo que nos define como pobo, polo que é importante preservalos”

A veciñanza de Oural celebrou esta mañá as vodas de ouro das Carrozas do San Cidre, unha festa para exaltar as tradicións e actividades agrogandeiras do rural galego organizada pola Asociación das Carrozas do San Cidre, en colaboración co Concello de Boqueixón, e que ten solicitada a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia. Un desfile no que este ano participaron oito carrozas, elaboradas ao longo do ano polo catrocentos veciños e veciñas da parroquia, e que este ano contaron coa novidade da participación dun grupo de tractores antigos, procedentes do Museo do Campo e Mecanización de Silleda.

Tras o desfile das carrozas polas rúas de Camporrapado acompañadas pola música da Charanga BB+ e do grupo local Son de Gaita, o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, tomaron parte no acto do pregón e entrega de premios ás mellores carrozas: Crackrozas, Sin Ley Quiero e Cuchipandis. Unhas carrozas nas que se podían degustar bo viño e cervexa acompañado da gastronomía local: churrasco, chourizo, fabada, arroz con ameixas, pinchos morunos… e mesmo pizza para os máis cativos.

Festa de Interese Turístico

Ovidio Rodeiro destacou que “Oural é unha parroquia única e así o acreditan estes cincuenta anos de carrozas, un traballo incrible que fai cada unha das aldeas desta parroquia e que van lograr converterse en Festa de Interese Turístico de Galicia”. O alcalde de Boqueixón puxo en valor o traballo da comisión de festas e da Asociación das Carrozas do San Cidre, “algo que puidemos ver todos este venres coa presentación dese documental que recolle toda esa tradición durante estes últimos cincuenta anos”, rematado co grito popular “viva o San Cidre!”.

Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural resaltou que “os labores tradicionais do agro que nestas carrozas se reflexan contribúen a unir á xente do rural e forman parte do acervo colectivo que nos define como pobo, polo que é importante preservalos”. Ademais, María José Gómez sinalou que “non se pode entender o presente e dirixirse ao futuro sen coñecer e respectar o pasado” e agradeceu a todos os implicados nesta celebración por chegar ao medio século poñendo en valor as actividades agrogandeiras tradicionais.

O divertido pregón, que reuniu a centos de persoas no campo da festa, correu a cargo de Fran Cañotas, xornalista, actor e presentador da TVG, que deu paso a unha sesión vermú coa Charanga BB+ e Tania Veiras. Pola tarde, a Orquestra Olympus pechará tres días de festa na parroquia do Oural e esta 50 edición das Carrozas do San Cidre.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas