Free Porn
xbporn
Home A Coruña Case medio cento de inscricións (por agora) na ruta ciclista familiar organizada...

Case medio cento de inscricións (por agora) na ruta ciclista familiar organizada polo Concello de San Sadurniño para este domingo

- Anuncio -

47 persoas apuntadas entre adultas e menores. Esa é a cifra provisional de partipantes no paseo en bicicleta organizado polo Concello para a mañá deste domingo con saída e chegada no patio do CPI. Dicimos provisional porque desde hoxe até pasado mañá aínda poderán enviarse cubertas as fichas de inscrición, e incluso cubrilas no punto de saída ata minutos antes do inicio dunha rolda de baixa dificultade e con vocación familiar que nos levará polos arredores do núcleo de San Sadurniño. Por razóns loxísticas, a ruta está limitada a un máximo de 75 persoas, que ademais estarán cubertas por un seguro e disporán de avituallamento a medio camiño.

A Ruta Cicloturística en Familia é, xunto coas camiñadas parroquiais, un clásico na programación deportiva municipal que adoita celebrarse cando a primavera xa está ben entrada e o tempo anima a facer exercicio no exterior.

O percorrido en bicicleta discorrerá por 14 quilómetros de pistas e estradas de baixa dificultade dos arredores do centro urbano e Pedroso. Sairase ás 11:00h do CPI de San Sadurniño e logo continuarase por Marqués de Figueroa en dirección á Capela de Belén, torcendo logo á esquerda para coller a pista da Agra de Abaixo e desde alí proseguir até a estrada de Pedroso.

Logo duns metros pola xeral, a caravana ciclista desviarase á esquerda de novo e collerá pistas da parcelaria e sendeiros que a levarán até a capela da O, lugar no que haberá un punto de avituallamento con auga, froita e barriñas enerxéticas.

Tras repoñer forzas, a ruta emprenderá o camiño de volta que, unha vez en San Sadurniño, discorrerá pola Cortiña, o paseo fluvial e, de novo, a explanada dianteira do colexio público, onde as nenas e nenos recibirán un pequeno agasallo.

Para esta actividade, organizada en colaboración co Club Biela e Chaveta, ofertáronse 75 prazas das cales xa van cubertas cerca de medio cento. Até o domingo aínda se recollen inscricións por orde de chegada, enviando esta ficha ao correo agustin.perez@sansadurnino.gal. As familias tamén poderán apuntarse no lugar da saída ata uns minutos antes do comezo da ruta, aberta a persoas adultas e cativería a partir dos 6 anos. É obrigatorio o uso de casco.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas