Home A Coruña Participantes no obradoiro de acollemento lingüístico aprenden sobre flora e fauna autóctonas...

Participantes no obradoiro de acollemento lingüístico aprenden sobre flora e fauna autóctonas nunha ruta polo Anllóns

- Anuncio -

Máis de vinte persoas de diferentes nacionalidades participan no curso organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística

Os máis de vinte participantes no obradoiro de acollemento lingüístico organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística están a gozar dun fin de curso moi animado. Aproveitando unha tregua meteorolóxica, este xoves pola tarde saíron de ruta polas ribeiras do Anllóns para coñecer, ademais do principal recurso fluvial do concello e da comarca, a flora e a fauna que medran nas súas ribeiras.

Acompañados pola concelleira, Ángeles Pacoret, e a técnica de Normalización Lingüística, Carme Pereiro, e guiados por José Manuel Menéndez, realizaron un interesantísimo percorrido, no que puideron ver pegadas de porco teixo ou descubrir as aplicación culinarias do loureiro, entre outras moitas cousas.

O curso de acollemento lingüístico reúne a persoas procedentes de distintos continentes, na súa maioría de África e de diferentes países de América do Sur; pero tamén doutras comunidades autónomas españolas. O obxectivo común é o achegamento á nosa lingua e á nosa cultura, como parte fundamental para acadar unha integración plena.

As clases celébranse os martes e xoves pola tarde no centro social Escola de Arrabaldes, no barrio da Milagrosa. O xoves 30 será o último día, pero aínda lles quedan dúas visitas por facer: o día 28 deste mes, á Biblioteca Rego da Balsa, e o 6 de xuño, polos murais do Rexenera Fest. Despois das vacacións de verán, moitos e moitas regresarán á aula para seguir coñecendo Carballo e Galicia.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

Publicacións Relacionadas