Free Porn
xbporn
Home Tabeirós A Estrada COGAMI valora contar cun recurso habitacional para persoas con discapacidade na comarca...

COGAMI valora contar cun recurso habitacional para persoas con discapacidade na comarca de A Estrada

- Anuncio -

Actualmente estase a levar un proxecto piloto no que seis persoas van pasar por un piso adaptado que conta con apoio de profesionais tituladas en educación social e coidadoras.

Alba Álvarez: “a día de hoxe estas persoas viven coas súas familias pero a vida segue, os anos pasan e co tempo, as familias van falecendo e estas persoas acaban en residencias en idades moi temperás”.

O pasado mes de marzo, o centro que COGAMI ten en Medelo embarcou nun proxecto novo co que poder comprobar se existe a necesidade dentro da comarca da apertura dun modelo de vivenda que lle permita ás persoas con discapacidade vivir de xeito autónomo e  independizarse do seu núcleo familiar. Así é como nace o proxecto HAVI (Hacia unha vida independente). Financiado por Fundación “la Caixa”, actualmente son tres as persoas usuarias que comparten piso en A Estrada e despois pasarán outras tres para vivir esta experiencia, tendo como data de remate o 15 de xuño.

“A día de hoxe existen moi poucos recursos de vivenda adaptada ou asistida para persoas con discapacidade, por iso estamos traballando agora mesmo dende o servizo de atención diúrna que COGAMI ten en Medelo, no Concello de Silleda, con este proxecto piloto”, explica Alba Álvarez, terapeuta ocupacional e encargada do proxecto HAVI.

O proxecto nace da necesidade de comprobar se existe a necesidade deste tipo de recurso na zona e de analizar se se demanda dunha vivenda que atenda as necesidades das persoas con discapacidade da comarca. Dende o centro de atención diúrna de COGAMI préstase apoio a 27 persoas que acoden a diario de luns a venres procedentes dos concellos de A Estrada, Cuntis, Forcarei, Silleda, Vedra e Vila de Cruces.  

“Actualmente son tres as persoas que están vivindo no piso”, explica Alba Álvarez, “e pasarán un total de seis polo proxecto, que nos vai valer para analizar como estas persoas funcionan, como se pode mellorar e se sería posible sacar adiante un recurso como este, que xa adiantamos que si estamos comprobando que sería necesario e as persoas que están dentro do proxecto estanlle sacando moitísimo proveito”.

Querer vivir de xeito independente e contar co apoio das familias son dous dos requisitos fundamentais que tiñan que cumprir as persoas que forman parte do proxecto HAVI. O equipo de profesionais do centro de Medelo foi o que realizou a selección final das seis persoas que van pasar pola vivenda. Contan con apoio de dúas profesionais tituladas en educación social e 3 coidadoras pero son as persoas que conviven as que teñen que aprender a desenvolverse por si mesmas nas tarefas do fogar, limpeza, cociña e compra.

“Este proxecto serve para fomentar a autonomía das persoas, a súa participación na súa propia contorna, facilita unha vida autónoma e evita a súa institucionalización”, opina Alba Álvarez quen engade que “moitos a día de hoxe viven coas súas familias pero os anos pasan e co tempo as familias van falecendo e estas persoas acaban en residencias en idades moi temperás”.

Para finalizar, a coordinadora do proxecto expresa que “a través deste recurso a persoa pode ser autónoma, facer vida na comunidade como ir ao supermercado ou a tomar un café. É importante porque son persoas relativamente novas e teñen a oportunidade que tivemos a maioría no noso momento de decidir vivir soas. HAVI ofrece a oportunidade de acompañalas neste proceso”. 

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas