Free Porn
xbporn
Home A Coruña Sarabela Teatro trae este venres á Casa da Cultura de Neda “O...

Sarabela Teatro trae este venres á Casa da Cultura de Neda “O dragón de ouro”

- Anuncio -

O Concello activa a venda e reserva de entradas na biblioteca municipal

Apenas tres meses despois da súa estrea oficial, Sarabela Teatro trae a Neda a obra “O dragón de ouro”. Trátase dun drama que adapta ao galego un dos textos do dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig, no que se abordan cuestións ben actuais como as situacións derivadas da inmigración ilegal. A montaxe, cun estilo narrativo cinematográfico, chega á Casa da Cultura este venres, 24 de maio, a partir das 20.30 horas. O Concello activa a venda e reserva de entradas na biblioteca municipal.

Fernando Dacosta, Fina Calleja, Fran Lareu, Sabela Gago, e Fernando González conforman o elenco desta obra, que cuestiona a deshumanización da sociedade. Nela chegan a interpretar a máis dunha vintena de personaxes, que se van cruzando nunha trepidante sucesión de 48 escenas.

Dirixida por Ánxela Cuña e con tradución de Catuxa López Pato, nesta “traxedia contemporánea performática con elementos grotescos” tocan asuntos como a emigración ilegal, a explotación laboral dos “sin papeis”, a prostitución forzada, ou o desexo de cambiar as condicións de vida.

A obra, cun final inesperado, transita polas historias das persoas que habitan os distintos andares dun edificio europeo, en cuxo baixo se sitúa o restaurante de comida rápida O dragón de ouro. A trama arrinca na cociña deste establecemento, onde un mozo chino, sen permiso de residencia e que non consigue encontrar a súa irmá desaparecida, adoece pola forte dor de moas que está a sufrir.

O Concello de Neda activa hoxe mesmo a venda de entradas para o espectáculo da compañía ourensá, ao prezo de 2 euros, na biblioteca municipal (horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas). Poderanse reservar localidades, chamando ao teléfono 981390233. A obra está recomendada para maiores de 12 anos.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas