Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Ponte Boleira e Mollavao os dous primeiros parques que arranxa o...

Ponte Boleira e Mollavao os dous primeiros parques que arranxa o Concello incluídos na diagnose de supervisión das áreas infantís

- Anuncio -

Dos 40 parques sometidos a estudo xa están diagnosticados 26, e esta semana comezaron as reparacións  por Ponte Boleira e Mollavao.  

Seguridade, conservación dos xogos, dos peches perimetrais e dos pavimentos, son algunhas das  actuacións que se realizan como resultado deste Plan especial de supervisión e mantemento das áreas  infantís.  

A Concellaría tamén vén de instalar un bambán adaptado no parque infantil do Parque de Europa de  Monte Porreiro. 

A Concellaría de Servizos Urbanos básicos, que dirixe Xaquín Moreda, deu esta semana un paso definitivo no  estudo que o seu departamento está a realizar sobre o estado de conservación das áreas infantís de xogo do Concello encargado a final do pasado ano.  

O obxectivo deste plan especial de supervisión, priorización, reparación e mantemento é que a cativada  poida xogar en espazos seguros e adecuados, en boas condicións de seguridade e de hixiene. Cabe  lembrar que o concelleiro Xaquín Moreda adoptou esta de decisión trala chegada de queixas de diversa  índole sobre o estado de conservación destas áreas infantís. Ademais, xa deu orde de acometer as máis  urxentes para evitar que se tivesen que pechar parques.  

Das 40 áreas de xogo infantil que se terán que supervisar, están examinadas 26, e esta semana semana xa se  comezaron cos traballos de reparación nas dúas primeiras: Ponte Boleira e Mollavao.  

As inspeccións axustáronse ao cumprimento das normas UNE-EN 1176 e UNE-EN 1177 e de equipos deportivos  segundo as normas UNE-EN 15312, UNE-EN 1270, UNE-EN 748, UNE-EN 749, UNE-EN 750, e UNE-EN 16630;  ademais do Decreto 245/2003, do 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques  infantís en Galicia.  

As supervisións consisten na avaliación xeral da área de xogo na que se revisa a contorna, distancias de  seguridade, equipos de xogo, toma de fotografías, etc, así como as posibles deficiencias de instalación e  mantemento que poidan ter os equipos e equipamentos instalados na área. Ademais, tamén se fai unha  avaliación da capacidade da superficie amortecedora de impactos instalada na área de xogo.  

Os primeiros arranxos comezaron polos parques infantís de Ponte Boleira e Mollavao que estarán pechados  uns días até o remate das obras. No primeiro caso contémplase a limpeza xeral do parque, reparación do  pavimento de céspede artificial, reparación e pintado do valado perimetral de madeira, reparación integral  dos xogos: resorte, da casiña, do asento berce e das cadeas do bambán, pintado dos xogos do parque, así  como outros elementos de seguridade e protección como os tapóns. O orzamento de Ponte Boleira é de  15.581,87 euros.  

No parque infantil de Mollavao, situado na rúa Fonte Santa, tamén se realizará unha limpeza xeral do parque,  desinfección, achega de área e limpeza xeral da vexetación; reparación e pintado do valado perimetral de  madeira, reparación integral dos xogos: resorte e do xogo múltiple e substitución de tapóns, parafusos e  outros elementos de seguridade. O orzamento de mellora deste parque é de 5.560,31 euros.  

Bambán adaptado no parque de Europa  A Concellaría Servizos urbanos básicos en coordinación co concelleiro delegado do barrio de Monte  Porreiro, Alberto Oubiña, vén de instalar un novo bambán adaptado na área infantil do parque de Europa,  unha petición moi demandada polo barrio e da que poden gozar os máis cativos dende a pasada semana.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas