HomePontevedraPontevedraO Concello traslada ao barrio de Monte Porreiro a campaña de ...

O Concello traslada ao barrio de Monte Porreiro a campaña de asfaltados na cidade

- Anuncio -spot_img

Xa se asfaltaron tramos en mal estado de Blanco Porto, Leiras Pulpeiro, avenida de Vigo, Sagasta, Benito  Corbal, José Millán, e entre hoxe e o mércores paviméntase avenida de Bos Aires, Eirín, Alemaña e Reino  Unido.  

A Policía Local pon en marcha plans de tráfico específicos. 

A Concellaría de Servizos urbanos básicos, que dirixe Xaquín Moreda, continúa adiante coa primeira fase de  asfaltados das rúas da cidade, logo do paso do inverno. Tras rematar as pavimentacións en Blanco Porto,  Leiras Pulpeiro, avenida de Vigo, Sagasta, Benito Corbal e José Millán, continúa hoxe coa avenida de Bos Aires  e o barrio de Monte Porreiro.  

Esta mañá pavimentouse a avenida de Bos Aires, entre a ponte de Santiago e a ponte dos Tirantes; e a rúa  Eirín de Monte Porreiro que se asfalta completamente entre as 11.30 e as 16.00 horas logo da recente  instalación do saneamento e acondicionamento dunha parcela pública como estacionamento en superficie.  Pola tarde está previsto o fresado dalgúns treitos da rúa Alemaña entre as 16 e as 20 horas. O asfaltado está  planificado para o martes, 28 de maio, entre as 8 e as 15 horas.  

Os traballos en Monte Porreiro continúan mañá, martes, 28 de maio, na rúa Reino Unido co fresado de parte  da rúa. O asfaltado está previsto para o mércores, 29 entre as 8 e as 14 horas.  

O departamento que dirixe Xaquín Moreda recorda que a repavimentación consistirá no fresado e asfaltado  ben de rúas completas ben de panos de rúas que se atopan en mal estado.  

Ao igual que no centro do casco urbano, no barrio de Monte Porreiro a Policía Local tamén ten en marcha  plans de tráfico específicos en cada caso.

Publicacións Relacionadas