Home Pontevedra As obras de reforma da Santiña deixan ao descuberto un lavadoiro ...

As obras de reforma da Santiña deixan ao descuberto un lavadoiro de finais do século XIX

- Anuncio -

O concelleiro César Mosquera desvelou esta mañá que, pendente de coñecer a opinión de Patrimonio da  Xunta, « ten un valor patrimonial e estaría ben deixalo e conservalo ».  

As obras da Santiña están incluidas dentro da liña de axudas das Zonas de Baixas Emisións, do Plan de  Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. 

As obras da rúa Santiña veñen de dar unha grata sorpresa. No treito máis rural da rúa, a escasos 50 metros do  final, acaban de aparecer os restos dun lavadoiro de finais do século XIX, a continuación da « Fonte da Santiña ».  O concelleiro de Obras, César Mosquera deu conta esta mañá da aparición destes achados que xa están sendo  analizados polo servizo de patrimonio histórico do Concello.  

Adiantou que ao carón da fonte, que xa se atopa escavada por debaixo da cota da estrada, apareceu unha  construción de pedra con lousas colocadas en paralelo, que serían os postos de lavado. « Atópase en moi bo  estado de conservación e, máis ou menos, dataría entre 1890 e 1902, xa que aparece nas fotos de Zagala »,  desvelou Mosquera.  

Pendente de coñecer a opinión da Dirección xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, « está claro que ten un valor  patrimonial, e a primeira impresión amosa que estaría ben deixalo e conservalo », explicou César Mosquera.  

O achado producise coas obras de reforma da rúa que, inclúe entre outras melloras, a renovación de todos os  servizos soterrados. Na apertura desas gavias, apareceu o lavadoiro que estaba totalmente soterrado.  

A reforma da rúa Santiña foi adxudicada á empresa Civis Global o pasado mes de febreiro por 1.811.898,17 euros (a licitación era de 2.159.850 euros) foi unha das obras priorizadas polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores para  dotala de financiación e salvala da situación de constriximento ao que estivo sometido o Concello pola falta dos  orzamentos de 2024.  Está incluida dentro da liña de axudas das Zonas de Baixas Emisións, do Plan de Recuperación, Transformación  e Resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Para este proxecto, os fondos  europeos fan unha achega de 1.606.500 euros.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Vilagarcía de Arousa para...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación leva este venres ata Fornelos de Montes e Mondariz-Balneario o circuíto +Escénicas

0
“Unhas risadas sorprendentes”, de A Maga Fani e Martín Camiña Ilusionista, chegará ás 11:00 horas ao Colexio Público Dr. Suárez de Fornelos, e “Contacontos...

A Deputación presenta en Portas os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Portas para dar a coñecer as bases dos programas...

A vicepresidenta da Deputación asiste ao almorzo informativo ofrecido polo conselleiro de Sanidade en...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este mércores ao almorzo informativo ofrecido por Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade da Xunta...

O concello do Porriño repartirá 18.000 euros entre as comparsas participantes no Entroido

0
• Ábrese o prazo de inscrición ata o 14 de febreiro • Celebraranse desfiles o sábado 1 e martes 4 de marzo e o enterro...

O Concello de Nigrán remodelará o o derradeiro tramo da rúa Mariñeiro de Panxón...

0
As obras saíron xa a licitación cun importe de 466.112 € e as empresas poden presentar as súas ofertas ata o día 24 de...

Publicacións Relacionadas