A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación Isabel Couselo acaba de reunirse no edificio da Xunta de Galicia de Pontevedra con responsables e persoal técnico de Patrimonio para avanzar en actuacións en estradas provinciais. Na xuntanza analizáronse diferentes proxectos que están en marcha e acordouse traballar da man e colaborar estreitamente para axilizalos.