Home A Coruña Limitación de velocidade na A6

Limitación de velocidade na A6

- Anuncio -

O Ministerio de Transporte decidíu aminorar e limitar a velocidade na autovía A6 a 100 km/h en varios tramos por falta de seguridade vial.

A autovía A6 acumula anos de falta de investimentos para o seu mantemento e mellora, motivo principal do seu mal estado e do perigo para a circulación que supon o pésimo estado do firme en moitos dos seus tramos como ben sabemos as peersoas que por alí circulamos da comarca da Coruña entre Arteixo e
Cambre.

A súa pésima situación fai que sexa preciso acometer, de forma urxente, un plan integral de reforma en lugar de remendos puntuais ou a falta de actuación como supón que se rebaixe a velocidade a 100km/h.
A situación é xa insostíbel, como demostra a necesidade de limitar a velocidade para garantir a seguridade das persoas que circulan diariamente por esta vía, e non pode demorarse nin un día máis a intervención por parte da Administración do Estado.

O BNG de Arteixo xa se puxo en contacto con Néstor Rego, deputado no Congreso en Madrid hai uns meses ao mesmo tempo que levaba unha moción ao pleno da corporación arteixán que foi votada por unanimidade. Nesa moción local decíase que o
“Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana debe priorizar a seguridade e por tanto o mantenemento no seu tramo final no que atinxe ao seu paso polos concellos de Arteixo, Culleredo, Carral e Cambre desde o punto Qm 583 ata o seu remate na Rotonda de Sabón (Arteixo). Arteixo recebe, sobre todo destes concellos, persoas que, a diario, se achegan ao noso concello. Ademais débense realizar inspeccións regulares e mantemento preventivo neste tramo polo que circulan máis de 20.000 vehículos entre lixeiros e pesados, particulares e profesionais.”

Ante a limitación a 100 km/h o deputado do BNG rexistrou unha batería de preguntas no congreso destinada a ser respondidas polo goberno para coñecer cales son as súas intencións sobre as deficiencias que presenta a A6.
Esiximos, desde o BNG de Arteixo, que “se acometan as actuacións na A6 tan necesarias para poder circular coa seguridade precisa e debida e que todos os/as persoas que circulan por ella merecen”.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas