Home O Salnés Meaño O BNG de Meaño denuncia que a Alcaldía leva máis de seis...

O BNG de Meaño denuncia que a Alcaldía leva máis de seis meses sen convocar Plenos de carácter ordinario

- Anuncio -

Os nacionalistas denuncian de novo as trabas que a Alcaldía pon á labor da oposición.

O vindeiro mércores 5 de Xuño hai pleno no concello de Meaño, iso si, convocado de xeito extraordinario, igual que o do pasado mes de abril, e sen haber un ordinario dende Novembro. O BNG chama a responsabilidade do goberno, de volver convocar os plenos de xeito ordinario, o último xoves de cada 2 meses como se acordou no Pleno de Constitución, para garantizar a transparencia, o correcto funcionamento da xestión municipal, e tamén permitir que a oposición poida facer o seu traballo, en definitiva, o BNG de Meaño demanda que o Pleno funcione con normalidade democrática.

Neste pleno, con 11 puntos na orde do día, a formación nacionalista defenderá dúas mocións que confían que saian adiante co apoio das demais formacións políticas do consistorio.

A primeira para a mellora da seguridade peonil no concello, onde se tratan puntos concretos como moderar a velocidade en certas zonas das travesías máis concorridas por viandantes, mellorar a visibilidade ou repoñer pasos de peóns eliminados, como o de Coirón, onde o BNG lle esixe á Xunta que se repoña de xeito urxente. Fai unhas semanas envióuselle un escrito á Xunta respaldado coas sinaturas d@s veciñ@s afectad@s solicitando unha reunión ca formación e cos veciños, e esta ficou sen resposta.

A segunda das mocións que defenderán no pleno ten a ver cos verquidos no río de augas contaminadas, na que o BNG espera chegar a un acordo plenario unánime para dar unha solución eficaz e rápida.

O Bloque Nacionalista Galego convida a todos os veciños de Meaño a asistir a este pleno no que se tratarán puntos de moita importancia para a veciñanza, e espera que a partir deste pleno, se retome a periocidade establecida dos plenos ordinarios.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas