Home O Salnés Meis O BNG de Meis, en relación ao expediente para a construción das...

O BNG de Meis, en relación ao expediente para a construción das instalacións do parque eólico Castrove, ven de presentar alegacións para paralizar este espolio

- Anuncio -

O BNG de Meis, en relación ao expediente para a construción das instalacións do parque eólico Castrove publicado onte no DOG, ven de presentar, ante a xefatura territorial de Pontevedra da consellería de economía e industria, alegacións para paralizar este espolio ao noso monte que só busca beneficiar a empresas depredadoras, apoiadas en todo  momento polo Partido Popular na Xunta, e que chega a falar dos beneficios do inventado “turismo eólico” como compensación da destrución dos nosos montes.

Entre as alegacións presentadas destacamos; a invasión de zonas de especial protección. O recoñecemento de que non xera postos de traballo, quedando como medida compensatoria da destrución do hábitat o turismo eólico tal e como aparece na páxina 950 do estudo presentado. A fragmentación fraudulenta do proxecto. O incumprimento dos principios de transparencia dos poderes públicos. A Repercusión directa sobre tres elementos fundamentais da zona como son o Mosteiro da Armenteira, o Mosteiro de Poio e o Camiño de Santiago na súa variante espiritual que non é analizado no estudo de impacto ambiental e que pasa xustamente onde se pretende proxectar o parque eólicoA afectación ao patrimonio cultural e arqueolóxico; entre outros bens catalogados como interese cultural, BIC, nomeadamente o Mosteiro da Armenteira e o Mosteiro de Poio. A afectación a núcleos de poboación con grave prexuízo non só para o benestar e a saúde da poboación, senón tamén para o valor patrimonial dos inmobles.

Polo cal solicitamos que se proceda a resolver negativamente calquera autorización relacionada co devandito parque eólico.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas