Home A Coruña Un total de 84 nenos e nenas do municipio teñen praza no...

Un total de 84 nenos e nenas do municipio teñen praza no campamento de verán “Neda concilia”

- Anuncio -

As familias poderán formalizar a matrícula dos menores dende mañá ata o 17 de xuño

O Concello facía público este mediodía o listado de admitidos/as do campamento de verán “Neda concilia”. Serán 84 os nenos e nenas que desfrutarán no mes de xullo desta iniciativa de lecer, que se desenvolverá nas instalacións do CEIP San Isidro. En total, rexistráronse máis de noventa reservas de prazas, se ben non todas cumprían o requirimento do empadroamento.

Na web municipal pódese consultar a relación de admitidos/as no programa de conciliación, destinado a axudar ás familias a compatibilizar obrigas laborais e o coidados dos fillos e fillas menores. As prazas, tal e como se avanzou, asignáronse por rigorosa orde de anotación, unha vez excluídas as solicitudes que non cumprían os requisitos.

A proposta gratuíta “Neda concilia” incluirá actividades de luns a venres, de 8:45 a 13:45 horas. E estará dirixida a nedenses de entre 3 e 12 anos. As dependencias do cole situado no casco urbano converteranse durante todo o mes de xullo nun espazo para a convivencia, a diversión, o xogo, e a promoción de valores como a igualdade.

Para beneficiarse, as familias dos menores con praza asignada deberán retirar e entregar a documentación requirida na biblioteca municipal dende mañá e ata o 17 de xuño. Funciona de luns a xoves de 9 a 13 e de 16 a 20 horas, e os venres de 9 a 14.30 horas.
O programa de conciliación, organizado polo Concello de Neda, conta co apoio do Pacto de estado contra a Violencia de Xénero.

Relacionadas

O Goberno municipal e as Policías Local e Nacional reúnense coa veciñanza para abordar...

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe unha reunión na que participaron o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro; membros das Policías Local e...

O BNG esixe ao Goberno galego cubrir de inmediato as prazas médicas en Ribeira...

0
O Bloque Nacionalista Galego rexistra novas iniciativas no Parlamento de Galiza para instar ao Goberno galego a atender con urxencia a grave situación sanitaria...

A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino,...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu ao presidente da FGF, Pablo Prieto, na cidade deportiva da Torre – Arsenio Iglesias A Coruña será a...

O Concello licita o servizo de atención ás persoas sen fogar no Centro Social...

0
Os pregos do contrato establecen un horario de atención de 20.00 a 12.00 horas, con énfase no acompañamento ás persoas usuarias e tamén nos...

Detectados en só tres horas cinco positivos en drogas nun control de tráfico conxunto...

0
Policía Local e Garda Civil de Carballo realizaron este martes un control de tráfico conxunto, na liña de colaboración que veñen mantendo ámbolos dous...

Presentado o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 en...

0
O torneo terá lugar do 7 ao 9 de febreiro, sendo o campo municipal de Gallamonde unha das sedes. O Concello de Miño acolleu hoxe...

Publicacións Relacionadas