Home A Coruña Cerdido remata as obras para a mellora do patrimonio na parroquia dos...

Cerdido remata as obras para a mellora do patrimonio na parroquia dos Casás

- Anuncio -

 As obras, cun orzamento de 54.000 euros, correspóndense co espazo ligado á igrea de San Xoán dos Casás e combinan zonas axardinadas cunha nova pavimentación

 Realizous o desprazamento do cruceiro, que anteriormente se atopaba nas inmediacións da DP 2503 cara este novo espazo, máis seguro, para facilitar a súa conservación

O Concello de Cerdido vén de rematar as obras do espazo libre ligado á igrexa de San Xoán dos Casás, no que se mesturan zonas axardinadas e pavimentación co obxectivo de coidar e protexer o Patrimonio do municipio.

Este espazo atópase nas inmediacións da DP-2503, destacando a situación dun cruceiro, ao borde da estrada, nun lugar pouco seguro. Actualmente este elemento atópase en bo estado e conserva a totalidade dos seus elementos, polo que se realizou un desprazamento do mesmo cara unha zona máis protexida do tráfico nas proximidades da igrexa.

Executáronse, do mesmo xeito, diferentes plataformas coa intención de resolver os desniveis existentes, suxeitos ás irregularidades do terreo. A superficie tamén foi pavimentada posteriormente mediante formigón, xerando unha praza na zona noroeste do espazo.
As actuacións contaron cun orzamento de 54.159 euros, financiadas ao 80 % pola entidade provincial e un 20 % das arcas municipais.

O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, destacou “a importancia desta obra para a protección do Patrimonio do municipio, algo que desde o noso equipo de goberno pretendemos impulsar”.
“Así mesmo, melloramos unha infraestrutura municipal, facilitando o desprazamento dos veciños e veciñas” engadiu o rexedor.

Relacionadas

O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San...

0
O evento terá lugar este sábado, 23 de novembro, ás 12h, e forma parte dun acto expansivo que se desenvolverá en concellos de todo...

Marián Ferreiro entregou ao padelista Iago Fuertes Leonardo o premio ao Mellor Deportista de...

0
O Pazo da Cultura foi novamente esta noite o escenario no que se desenvolveu a Gala do Deporte de Narón, que alcanzou a súa...

O Consorcio Provincial da Coruña aproba o convenio de colaboración co Concello de Arteixo...

0
• Segundo o acordo o goberno local asumirá a cesión da parcela e a edificación das novas instalacións, moito máis acordes para a correcta...

O Concello de Frades reclámalle a Sanidade que garanta unha atención de calidade nos...

0
O alcalde solicitou unha entrevista co conselleiro de Sanidade para buscar unha solución definitiva ás incidencias no servizo, que se traducen en atrasos nas...

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

Publicacións Relacionadas