O Concellos de Mondariz Balneario, Mondariz e Pazos de Borbén obtiveron de una subvención de 7.630,00 € destinada a redacción de proxectos de planificación enerxética. O obxectivo desta iniciativa é promover o aforro enerxético, avanzando a unha economía máis sostíbel, prevendo un significativo alivio na carga económica que supón a factura enerxética sobre os orzamentos municipais.
O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) outorgou unha subvención que cubre o 70% do orzamento total do proxecto. Con esta financiación, contrataranse os servizos xurídicos e técnicos necesarios para mellorar a planificación e contratación enerxética dos tres concellos. Ademais, realizarase un estudo estratéxico para a xestión enerxética nas entidades locais, incluíndo medidas para fomentar o aforro.
Este proxecto non só contribuirá á redución de custos enerxéticos, senón que tamén impulsará a transición cara a economías máis sustentábeis. A planificación enerxética eficiente e o uso responsable dos recursos enerxéticos son esenciais para mitigar o impacto ambiental e reducir a dependencia de fontes de enerxía non renovábeis.
Ao avanzar nesta dirección, os concellos de Mondariz Balneario, Mondariz e Pazos de Borbén están a tomar medidas concretas para protexer o medio ambiente e garantir un futuro máis sustentábel.