HomeOurenseA Xunta de Local aprobou 20 acordos na súa sesión ordinaria desta...

A Xunta de Local aprobou 20 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 20 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar esta mañá no salón de plenos. Entre eles, a prórroga dos contratos dos servizos de mantemento e mellora  das zonas verdes e de limpeza de edificios municipais, xunto con 4 expedientes de Patrimonio, 4 de licenzas, 1 de aperturas, 1 de Participación Cidadá e 8 da Avogacía Consistorial.

Contratación (2).Acordar a segunda prórroga, por 1 ano, do contrato do servizo de mantemento e mellora das zonas verdes públicas do Concello (lotes 1 e 2), adxudicados a Misturas Obras e Proxectos SA. Tamén se acorda a prórroga do contrato do servizo de limpeza de edificios municipais, lote 2, adxudicado a Aralia Servicios Sociosanitarios SA, ata o inicio da execución do novo contrato.

Participación Cidadá (1) Aprobar o Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Participación Cidadá para os anos 2024 a 2026

Aperturas (1). Conceder a licenza urbanística de obra para o proxecto de reforma de local para academia de formación na rúa Doutor Fleming

Licenzas (1). Estimar 2 solicitudes de particulares e declarar a innecesariedade de licenza urbanística de segregación dunha parcela na rúa da Feira e de 2 parcelas na rúa Peliquín. Tamén se corrixe un erro nun acordo da Xunta de Goberno Local de 16 de maio do 2024 (relativo á superficie dos predios matrices e trocando a palabra útil por construídas). Tamén tratou un expediente de revisión dun acordo dunha xunta de goberno anterior relativo á solicitude de certificación de acto administrativo dunha licenza.

Patrimonio (4) A Xunta de Goberno tratou 4 reclamacións de responsabilidade patrimonial. Desestima 2, porque non concorren os requisitos que dan dereito a unha indemnización, inadmite outra, xa que o Concello non é a Administración competente para resolvela, e arquiva outra, por considerar desistida da súa solicitude a particular que a presentou.

Avogacía Consistorial (8). A Xunta de Goberno tivo coñecemento dun auto e dunha sentenza ditados polo Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1, dunha sentenza do número 2, doutra do Social número 4 e dun decreto do Xulgado de Primeira Instancia número 4. Ademais, o Concello comparecerá diante do Contencioso número 1 en 2 procedementos xudiciais do Xulgado do Social número 3 noutro.

Publicacións Relacionadas