Home Ourense Luis Menor presenta a súa candidatura á presidencia do Partido Popular de...

Luis Menor presenta a súa candidatura á presidencia do Partido Popular de Ourense para “liderar un inmenso equipo que nos levará a grandes trunfos e ser útiles á cidadanía”

- Anuncio -

· O candidato afirma que chegou o momento de seguir dando “novos pasos, en firme, con decisión, pero sen perder nunca a humildade”, e pedir o apoio dos 695 compromisarios que representarán a toda a militancia do PP de Ourense no conclave de xullo

· Fixo un chamamento para que esta cita sexa “o congreso da xente, da nosa xente”, desexando así que o Pazo dos Deportes Paco Paz “estea aberto a todos os militantes da provincia”

· Subliñou que o partido ten amplo marxe de mellora no ámbito local e tres anos por diante para darlle á cidadanía os mellores cabezas de lista e as mellores candidaturas cara as municipais

Luis Menor, presidente ata agora da xestora do Partido Popular de Ourense, anunciou este mañá que optará á presidencia do PPdeOU no 19º Congreso provincial que se celebrará o próximo 13 de xullo no Pazo dos Deportes Paco Paz da capital. Unha candidatura, dixo Luis Menor, coa que pretende “liderar un inmenso equipo de persoas que nos axudarán a levar ao PP de Ourense a grandes trunfos e ser útiles á cidadanía”.

Na sede central dos populares ourensáns, Menor afirmou que chegou o momento de seguir dando “novos pasos, en firme, con decisión, pero sen perder nunca a humildade”, e pedir o apoio dos 695 compromisarios que representarán a toda a militancia do PP de Ourense no congreso de xullo.

Os compromisarios representan á militancia no conclave, sinalou o candidato, quen non obstante fixo un chamamento para que esta cita sexa “o congreso da xente, da nosa xente”, desexando así que o próximo 13 de xullo o Pazo dos Deportes Paco Paz “estea aberto a todos os militantes da provincia”.

Luis Menor asegurou que nas próximas semanas trasladará a todos os membros do Partido Popular de Ourense cal é “o meu proxecto político”, aínda que logo de sete meses de “duro traballo” e dous procesos electorais, aclarou “todos podedes imaxinar cal é esa proposta”.

Neste sentido fixo un rápido repaso polos sete meses nos que estivo á fronte da xestora, destacando os tres percorridos realizados por toda a provincia. O primeiro para a posta en marcha dun novo sistema de organización comarcal “que está a dar froitos moi interesantes, axudando a mobilizar o partido”.

O segundo con motivo das eleccións autonómicas, cunha constante presenza no territorio que permitiu conseguir o apoio de 1 de cada 2 ourensáns, “é dicir, o 50 % dos electores da provincia”. E a terceira volta á provincia no proceso electoral das europeas, cunha campaña en clave municipal “coa que nos convertemos na primeira provincia de España en apoio ao PP”.

UN CONGRESO PARA LEXITIMAR “A NECESARIA E SÓLIDA ESTRUTURA ORGÁNICA”

O candidato advertiu que para ter máis garantías na consecución de próximos obxectivos, “temos que darlle ao Partido Popular de Ourense a necesaria e sólida estrutura orgánica que só pode lexitimar un congreso provincial”.

Subliñou que o partido ten amplo marxe de mellora no ámbito local e tres anos por diante para darlle á cidadanía os mellores cabezas de lista e as mellores candidaturas cara as municipais.

Pero mentres, afirmou Luis Menor, hai outro obxectivo que é seguir traballando para que a maquinaria do Partido Popular na provincia estea perfectamente coordinada para responder, “coa máxima axilidade e en calquera momento”, ante a eventualidade dunha nova convocatoria electoral en España.

Relacionadas

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

A Deputación abrirá en 2025 unha nova liña de axudas destinadas a asociacións de...

0
Cunha dotación de 50.000 euros, estas achegas teñen como obxectivo cubrir os gastos de xestión dos animais procedentes dos centros de acollida da rede...

Inaugurado o ascensor da rúa Rosalía de Castro

0
A obra supón unha importante mellora na comunicación peonil entre as dúas ribeiras do Miño O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, inaugurou esta mañá...

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

Publicacións Relacionadas