Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O UDC Vilaboa celebra o seu 50 aniversario coa estrea dun emotivo...

O UDC Vilaboa celebra o seu 50 aniversario coa estrea dun emotivo himno e unha comida de confraternidade

- Anuncio -

O director da Escola de Música de Vilaboa, Daniel Figueira, agasalla ao club coa composición “Blanco e verde: as miñas cores”, un canto épico con sonoridade triunfal

Medio século de historia. Ese é o tempo transcurrido desde que o 10 de xuño de 1974 un grupo de 11 persoas presididas por Celso Baltasar Pintos botaba a andar a club Santa Cristina, que dous anos despois pasaba a chamarse UDC Vilaboa. Cincuenta anos despois a familia deportiva do Vilaboa celebra por todo o alto un aniversario repleto de actividades que arrancan este sábado día 15 e se prolongarán durante toda a vindeira tempada.

A xornada festiva deste sábado comenza cunha misa cantada na parroquia de Santa Cristina en memoria dos directivos, socios e xogadores falecidos e acto seguido a Banda da Escola de Música de Vilaboa protagonizará un novo momento emotivo coa interpretación do himno do club, composto para esta ocasión polo director da Escola e tamén do Conservatorio de Cambados, Daniel Figueira.

Dous minutos de fermosas melodías, cunha introdución sinfónica, sonoridade triunfal e un final moi épico. Así resume Daniel Figueira un himno deseñado para ser interpretado pola Banda da Escola de Música de Vilaboa, que este sábado desprazará a 50 músicos ata Santa Cristina para nunha actuación na que contarán como profesor convidado con Juanjo Cura, que xa leva días ensaiando con eles. “Blanco e verde: as miñas cores” é o título escollido por Daniel Figueira para unha composición que fala de loita, de triunfos e de paixón polo club.

Unha comida de confraternidade, na que tamén haberá momentos emotivos, será o colofón da primeira xornada de celebración, que terá continuidade o 17 de agosto coa organización dun triangular no que participarán o UDC Vilaboa, o CD Moaña (Preferente Galicia) e o Arosa SC (Terceira División).

Para José  Fernández Otero, presidente do UDC Vilaboa durante as últimas 7 tempadas, o máis importante destes 50 anos é a masa social do club, que supera os 300 socios. Unido ao apoio do Concello de Vilaboa, da Deputación de Pontevedra, da Xunta de Galicia e de empresas como Ceyeda, Cabo de Peñas ademáis de outras 60 firmas patrocinadoras “son o noso alento para seguir adiante”, cunhas instalacións “moi dignas e en moi boas condicións”.

A festa de celebración terá por tanto en setembro unha nova fase coa presentación dun libro que resuma os 50 anos de historia do club e máis unha exposición con fotografías antigas da entidade. Para o 14 de setembro está prevista unha xornada de convivencia entre todos os xogadores que nestes 50 anos pasaron polo club, que terá lugar no Campo do Cabalo e que busca compartir experiencias cos máis veteranos.

E ao longo da vindeira temporada, cando o club xogue no Campo do Cabalo haberá un recoñecemento aos exdirectivos do club de xeito que cada semana unha das persoas que nestes 50 anos asumiron esta responsabilidade fará un saque de honor, en recoñecemento á labor prestada.

José Fernández Otero ten tamén palabras de agradecemento para as 16 persoas que o acompañan na xunta directiva pola súa aportación altruista ao bo funcionamento do club entre as que novamente hai representación feminina con Maite Rúa e Ana Amoedo. Xunto a elas están Álvaro, Grilo, Carlos, Madueño, Suso, Miguel, Moncho, Enrique, Santi Amoedo, Santi Rosales, Tino, Manolo, Valentín e Lorenzo.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas