Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López sinala a sinatura do convenio para a grada de Gol...

Luis López sinala a sinatura do convenio para a grada de Gol de Balaídos como a historia dun “compromiso cumprido” da Deputación con Vigo e o celtismo

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, asina o convenio de colaboración co Concello de Vigo para investir máis de 13 millóns de euros, ao longo dos vindeiros tres anos, para a construción da nova grada de Gol

“Prometemos que estariamos na nova grada, e aquí estamos; prometemos compromiso, e aquí o asinamos; e prometemos que apoiariamos ao celtismo e a Vigo, e aquí o apoiamos”, afirma López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, amosou a súa “satisfacción, responsabilidade e celtismo” coa sinatura do convenio para a construción da nova grada de Gol do Balaídos, que é a historia dun “compromiso cumprido” da Deputación con Vigo e o celtismo. O acordo, froito da cooperación entre o Celta, o Concello e a Deputación, foi asinado este venres no estadio vigués. “Satisfacción ao ver o resultado da colaboración institucional: o proxecto iniciado hai case 10 anos, con tres gobernos provinciais distintos, chega a súa última etapa coa reforma de Gol; responsabilidade porque esta Deputación tiña claro que iamos participar desta obra; e celtismo porque nada me alegra máis que ver ao Real Club Celta participar do longo proceso que nos levou ata aquí”, declarou o mandatario provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, despois de asinar o acordo.

Un convenio que supón un investimento global de 26 millóns de euros, dos que o organismo provincial achega o 50 % do orzamentado, máis de 13 millóns de euros repartidos en tres anualidades.

Neste sentido, Luis López remarcou a vontade da Deputación de participar activamente neste proxecto e o cumprimento do seu compromiso. “Isto non é máis que un dito e feito. Prometemos que estariamos na nova grada, e aquí estamos; prometemos compromiso, e aquí o asinamos; e prometemos que apoiariamos ao celtismo e a Vigo, e aquí o apoiamos. Así que nada nos enche máis que poder dicir hoxe: Balaídos, compromiso cumprido”, afirmou o presidente.

Con todo, para que a nova grada de Gol sexa unha realidade aínda queda por diante todo o proceso de licitación do proxecto e construción da bancada. Un procedemento no que a Deputación seguirá presente para velar que se cumpran os prazos e os orzamentos marcados. “Tiñamos claro que unha obra de máis de 26 millóns merecía toda a seriedade posible e altura de miras, e para iso puxemos todo o noso empeño sen renunciar nin un só ápice á promesa que lle fixemos tanto á cidade como á afección: Balaídos íase rematar con esta Deputación. Oxalá esta grada sexa unha realidade canto antes e do mellor xeito”, sostén o mandatario provincial.

A colaboración da Deputación na execución deste proxecto supón unha mostra máis do compromiso do goberno provincial de tender pontes coa cidade de Vigo. “Esta Deputación ten un compromiso con Vigo que non caduca. Cumprimos sempre e seguiremos cumprindo”, asegurou Luis López poñendo como exemplo “o que estamos facendo neste estadio, o maior investimento provincial ata o momento”. Un compromiso que terá continuidade no futuro, cun traballo constante por parte do presidente López, da vicepresidenta Sánchez e de todo o goberno provincial, para tratar de conseguir que o vindeiro mundial de fútbol do ano 2030 se xogue en Balaídos.

Finalmente, Luis López quixo agradecer o labor, ao longo de todo o proceso que desembocou na sinatura deste convenio, da directiva do Celta e da súa presidenta, Marián Mouriño, da vicepresidenta provincial Luisa Sánchez, do Concello de Vigo e dos técnicos que participaron no procedemento. “Oxalá este estadio vexa moitos éxitos deportivos durante os vindeiros cen ou máis anos”, concluíu Luis López.

Relacionadas

O Concello inclúe a creación dun novo paso de peóns en Concepción Arenal

0
Aproveitando a mellora da urbanización desta zona que se está a executar, dotouse ao tramo que vai da Rotonda das Anclas ao cruce con...

Luis López destaca un esforzo de máis de 900.000 euros da Deputación para mellorar...

0
O presidente provincial visita o concello da Cañiza para inaugurar o campo de fútbol, no que a Deputación investiu 630.000 euros para financiar unha...

Calendario de actividades para o fomento da lectura de setembro-outubro de 2024

0
TALLERES DE CREACIÓN LITERARIA e VI CONCURSO DE CONTO CURTO PAZOS DE BORBÉN Hai uns días comezouse a programar as actividades de outono-inverno coa...

Luciano Otero asegura que o próximo mércores pode quedar desbloqueada a firma do convenio...

0
• Alternativa Veciñal, co alcalde Luciano Otero á cabeza, asinará o convenio sempre e cando sexa ratificado por todos os membros da corporación, incluíndo...

A Festa da Lamprea: arraigo, historia, tradición e cultura dunha vila

0
A resolución asinada o 16 de xaneiro de 2023, na cal se acordaba conceder o Titulo de Festa de Interés Turístico Internacional á Festa...

Tomiño aposta pola vida activa da súa veciñanza cunha axenda de actividades saudables

0
Baixo o nome de Impacto saudable, o Concello pon en marcha un programa para fomentar o deporte a todas as idades A primeira cita será...

Publicacións Relacionadas