test
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación reforzará a seguridade no edificio que alberga o Servizo de...

A Deputación reforzará a seguridade no edificio que alberga o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico para evitar problemas de convivencia

- Anuncio -

A institución provincial vai encargar a redacción dun proxecto para definir as actuacións necesarias para incrementar a seguridade no edificio, entre as que se atopa a colocación dun enreixado exterior

A Deputación de Pontevedra reforzará a seguridade no edificio que alberga o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico para evitar problemas de convivencia e inseguridade. A institución provincial vai encargar a redacción dun proxecto para definir as actuacións necesarias para incrementar a seguridade no edificio, entre as que se atopa a colocación dun enreixado exterior no acceso ao edificio, onde se atopan as escaleiras e a rampla.

A través do proxecto está previsto reformar algúns elementos do acceso ao edificio do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico para convertelo nun lugar máis seguro. Deste xeito, a proposta deberá ter en conta, entre outros aspectos significativos, o valor patrimonial da edificación, a funcionalidade e racionalidade do sistema de recollida de augas, o seu mantemento e a racionalización no sistema construtivo.

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico recolle, organiza e serve a documentación producida polo servizos e organismos da Deputación de Pontevedra, xunto con aqueles outros fondos e coleccións documentais recibidas por vías e causas diversas. Ademais, a través deste servizo edítanse libros, o que comporta a análise do orixinal e a súa valoración para incluír na liña editorial da institución provincial, e organízanse xornadas e cursos de carácter monográfico, como os que anualmente promove arredor da heráldica.

Relacionadas

VIII Festival Vila de Baiona

0
Este sábado 29 de xuño ás 22:00h a praza do Concello acolle o 8º “Festival Vila de Baiona” organizado pola Asociación Folclórica Vila de...

A Deputación recomenda despuntar e esfollar as viñas de xeito prioritario para favorecer a...

0
As néboas e a precipitación fina dos últimos días foron favorables ao avance do oídio e comezan a observarse síntomas de erinose de verán Nas...

O BNG alerta dun “verán crítico” en Vigo polo peche e a redución de...

0
A fronte nacionalista demanda á Xunta un plan de reforzos urxente para evitar un “maior colapso” da Atención Primaria, con recortes xa confirmados nos...

Redondela promove o uso da lingua na infancia co agasallo “Medrando co galego” para...

0
A caixa de agasallo que reciben as familias inclúe libros, unha bolsiña da merenda, lapis de cores e unha friameira. “Trátase de ofrecer ás...

Tui presente na sinatura do histórico acordo de colaboración entre das Redes de Xudarías...

0
O convenio impulsará iniciativas de promoción conxuntas que poñan en valor o patrimonio común da pegada xudía e xudeoconversa en España e Portugal O Concello...

Tui acollerá en xullo dous talleres especializados en IA dirixidos ao pequeno comercio

0
Serán o luns 8 e o mércores 10 grazas á colaboración entre a Oficina Acelara Peme de AEMOS e o Concello de Tui Tui acollerá...

Publicacións Relacionadas