Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación formará aos máis pequenos en competencias dixitais dentro do proxecto...

A Deputación formará aos máis pequenos en competencias dixitais dentro do proxecto CRI-TIC da Fundación Esplai Cidadanía Comprometida

- Anuncio -

Os cursos, que terán lugar na aula CeMIT da institución provincial do 1 ao 22 de xullo, están deseñados para ensinarlles conceptos básicos sobre ferramentas informáticas, uso seguro e responsable de Internet, programación, robótica educativa ou impresión 3D

A Deputación de Pontevedra impartirá neste mes de xullo dous cursos para formar aos nenos en competencias dixitais, unha proposta que se enmarca dentro do proxecto “CRI-TIC, Infancia e Xuventude con criterio dixital” da Fundación Esplai Cidadanía Comprometida, que ten como obxectivo principal favorecer a adquisición de competencias dixitais, buscando a inclusión dixital desde a infancia. Os cursos, que se desenvolverán entre o 1 e o 22 de xullo, están enfocados a nenos de 9 a 11 anos, por un lado, e de 14 a 17, polo outro, e están deseñados para ensinarlles conceptos básicos de ferramentas informáticas, usos seguro e responsable de Internet, programación, robótica educativa, impresión 3D, ou realidade virtual.

Cada un dos cursos, que teñen como obxectivo desenvolver habilidades como a creatividade, o pensamento crítico e o traballo en equipo a través de actividades lúdicas e participativas, consta dun total de cinco etapas, nas que o alumnado deberá superar un total de seis misións cunha duración estimada de 60 minutos. Desta maneira, o primeiro dos cursos, de competencias básicas, é para nenos de 9 a 11 anos e desenvolverase de luns a venres de 11:30 a 13:30 horas. Os cativos descubrirán os beneficios das TIC, as fake news, que é a identidade dixital e a “netiqueta”, así como a previr o ciberacoso, protexer os seus datos persoais e dispositivos, ou sobre bibliotecas dixitais, ferramentas de deseño e participación cidadá.

O segundo dos cursos, o que está enfocado a rapaces de 14 a 17, desenvolverase tamén de luns a venres de 9:30 a 11:30 horas e, neste caso, aprenderán sobre redes sociais e saúde mental, protección de datos persoais e privacidade, identidade, pegada dixital e “netiqueta”, ocio saudable, ciberseguridade e prevención do ciberacoso, creatividade dixital e busca de emprego.

Ámbalas dúas iniciativas, que terán lugar do 1 ao 22 de xullo, celebraranse na aula CeMIT de Pontevedra, situada no Edificio Administrativo da Deputación. Os interesados en asistir aos cursos poden inscribirse ata o vindeiro 28 de xuño a través do correo electrónico cemit.pontevedra@xunta.gal.

Relacionadas

Tui inaugurou hoxe unha praza de abastos de e para todos e todas

0
Así o destacou o rexedor tudense que tamén sinalou o efecto dinamizador do Mercado de San Antonio Nun acto cun carácter marcado festivo e gran...

Tomiño aposta polo deporte e a sostibilidade cunha ambiciosa reforma do pavillón da Carballa

0
O Concello investirá case 350.000 euros en obras para mellorar a a eficiencia enerxética, a funcionalidade e o confort das instalacións Tomiño dá un novo...

O Concello de Redondela presenta alegacións ao polígono de Louredo polo seu impacto ao...

0
A alcaldesa, Digna Rivas, explica que este parque empresarial “está próximo a núcleos de poboación e pode ter un impacto negativo tanto no medio...

O Concello de Tomiño leva por primeira vez ás parroquias o programa Reactívate

0
O programa de envellecemento activo chega a Barrantes, Tebra, Goián e Sobrada, multiplicando o orzamento dedicados ás persoas maiores nesta actividade Xa está aberta a...

O concello de Nigrán divulga entre a mocidade a figura de Luís de Camôes

0
Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Val Miñor participou nunha xornada sobre o poeta nacional portugués organizada polo Concello de Nigrán con motivo...

A Deputación promove a Ribeira Sacra como destino enoturístico en Italia

0
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, vén de organizar unha presentación do destino turístico da Ribeira Sacra e unha cata de viños...

Publicacións Relacionadas