Free Porn
xbporn
Home A Coruña O festival Atlántica trae á Pobra dous espectáculos de narración oral

O festival Atlántica trae á Pobra dous espectáculos de narración oral

- Anuncio -

O festival Atlántica volve levar novas historias a diferentes puntos da xeografía galega e parte da portuguesa no verán deste 2024. Narración oral e paraxes fundiranse unha vez máis con numerosos espectáculos de narración oral. A Pobra do Caramiñal é unha das localidades ás cales chegará esta duodécima edición, con dúas funcións destinadas a público adulto programadas para o mes de xullo. Ambas son de balde e contan coa colaboración da Concellaría da Cultura.

Su Garrido Pombo converterá os xardíns do pazo do Couto en Patios de luz. Alí contará e cantará unha historia común: a da emigración da aldea ós barrios, onde as protagonistas son as veciñas, a comunidade, o día a día, as hortas, o doméstico. Tocará oíla no venres, 5 de xullo, ás 21.00 horas. A entrada efectuarase polas inmediacións da fonte do Castelo.

E a compañía En Branca e Negra, con Cris de Caldas e Amor Herrera, traerá Ida e volta ó Cantón da Leña. As artistas conxugan narración oral e música en directo para facer unha viaxe no espazo e no tempo a través de historias de migracións para non perde-la memoria e riqueza da diversidade cultural; porque, rememorando o pasado, entenderase mellor o presente e respectarase o futuro. Será no sábado, 6 de xullo, ás 21.00 horas.

Máis información na páxina web www.festivalatlantica.gal.

Relacionadas

Éxito de participación na terceira edición das 21 Leguas, os 101 kilómetros de Narón

0
A celebración das 21 Leguas, os 101 kilómetros de Narón, foi nesta terceira edición un éxito de participación, con 950 persoas inscritas, e de...

Unha persoa queda atrapada no seu vehículo en Erboedo, Concello de Laracha

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron ao lugar do accidente ás 3:33 horas, onde xa se atopaba o persoal sanitario. O coche atopábase...

O Punto Lila da Romaría de Santa Minia informa aos milleiros de festeiros da...

0
As actuacións dos grupos do Festival Brión Inclúe e de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre pecharán a Romaría de Santa Minia 2024 Por cuarto...

Centos de persoas participan este sábado na terceira edición da andaina Camiña Coruña, organizada...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, deulles hoxe a saída ás persoas participantes, divididas en tres categorías por distancias: 16, 28 e 50 quilómetros O...

No recentemente inaugurado paseo do Rego de San Pedro proliferan ata catro especies invasoras

0
ESTABA PREVISTA A SÚA ELIMINACIÓN PERO FINALMENTE MANTIVÉRONSE Ata catro especies alóctonas das que figuran no catálogo de especies invasoras ocupan importantes espazos nas marxes...

A Festa da Filloa de Lestedo recolle en Madrid o diploma que a acredita...

0
O alcalde de Boqueixón e representantes da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo recolleron a distinción de man do ministro de Industria e Comercio O...

Publicacións Relacionadas