Home A Coruña A A.X. Xiradela festexa o seu fin de curso cunha actuación conxunta...

A A.X. Xiradela festexa o seu fin de curso cunha actuación conxunta de toda a escola

- Anuncio -

· O Anfiteatro do Paseo Fluvial de Arteixo acolle mañá sábado 15 de xuño a partir das 18:30 horas, esta proposta cultural aberta a todo o público

Chega xuño e con el a actuación de fin de curso que ano tras año organiza la A.X. Xiradela. Neste acto de clausura dáse conta de todo o aprendido ao longo do ano nas clases da Escola de Baile e Música Tradicional. A cita terá lugar mañá sábado 15 de xuño de 2024 a partir das 18:30 horas no Anfiteatro do Paseo Fluvial de Arteixo. O acto é aberto ao público polo que desde a asociación convídase á veciñanza a que acuda a gozar dunha tarde de festa.

Grupos de baile como Arroutada, Foliadeiras, Xiradeliños, Xiradeliñas ou Xestiñas, conxuntos de pandeireta como Algarada, Estalotes, Retelladas, A Pedreira, Chiculate, Troulada, Lume, Riscadeira, Arrieiras, Cinquilimpé ou A reghocheo, escola de gaitas e percusión interpretarán diferentes pezas como o Pasodobre dos Mariñás, o Maneo de Arteixo, a Muiñeira de Armentón, a Xota de Viladecruces, a Rumba do Pepe, a Carballesa do Incio, o Pasodobre dos Padernes, a Muiñeira do século XII ou a Trullada da Vendima.

En definitiva, soarán gaitas, pandeiretas, pandeiras, bombos, tambores e latas. Bailaranse xotas, muiñeiras, rumbas e pasodobles.

Máis dun cento de persoas compoñen a masa social da A.X. Xiradela onde se xuntan socios e socias cun ronsel de idades. A cativada confirma que hai canteira, e os grupos máis veteranos que a historia da A.X. Xiradela, con 42 anos de traxectoria, mantén viva a tradición e cultura galega ligada ao baile e a música.

Neste acto de clausura da Escola de Baile e Música Tradicional da A.X. Xiradela colaboran a Deputación da Coruña, o Concello de Arteixo, e Comercial Sánchez Vado.

QUEN SOMOS

A Asociación Xuvenil Xiradela, radicada no concello de Arteixo, nace no ano 1982 co obxectivo de recuperar o noso folclore e gozar do tempo de lecer, así como de colaborar con outras asociacións ou entidades que nos permiten, por un lado difundir o noso traballo, e por outro, axudan a promover a socialización dos rapaces con xente doutras asociacións.

Comezamos impartindo a actividade de baile tradicional, e despois ampliamos ás actividades de pandeireta e canto tradicional, gaita e percusión.

A partir do ano 1984 créase un grupo de investigación para a recollida de música, cantigas, literatura oral, costumes, bailes e traxes dos nosos devanceiros, a súa recuperación e divulgación, pretendendo ser o máis fieis posibles coa máis pura tradición galega.

Ademais do concurso de música, dende o ano 1987 e de xeito continuo vimos celebrando o Día da Muiñeira en Arteixo. Trátase dunha exhibición na rúa de bailadores e bailadoras da peza máis emblemática do noso folclore. No caso do Concurso de Música Tradicional é un acontecemento que nacía no ano 2000 coa intención de promover a participación das escolas de música tradicional para que a mocidade puidese ter máis actuacións e relacionarse entre si, facilitando de este xeito o coñecemento da nosa cultura.

Relacionadas

O Concello adxudica a pavimentación dos Muiños en Oleiros. Ribeira, 29 de xaneiro de...

0
O Concello de Ribeira informa da recente adxudicación dunha actuación para garantir o bo mantemento das infraestruturas nas parroquias. O camiño do lugar dos Muiños...

O concello concorre á convocatoria de axudas para actuacións en materia de xestión de residuos

0
O propósito é adquirir un novo camión para o servizo de recollida a domicilio de voluminosos e equipamento para a o punto limpo trala...

O Concello avanza no borrador da ordenanza do imposto sobre estadías turísticas

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada pola concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e polo concelleiro de Facenda, Manuel César, encabezou esta mañá a reunión de...

A terceira edición do Norte Cinema Diverso terá como eixo central o colectivo trans

0
O festival proxectará no Teatro Colón un total de tres longametraxes e catorce curtametraxes entre o 20 e o 22 de febreiro O concelleiro de...

San Sadurniño leva a pleno este xoves a distribución e os proxectos do POS...

0
Este xoves, derradeiro do mes de xaneiro, toca pleno ordinario en San Sadurniño. A sesión está posta para as 19:30h en primeira convocatoria, incluindo...

O Concello de Brión homenaxea a Xosé Vizoso, veciño do municipio a quen se...

0
A biblioteca municipal organiza unha exposición de carteis que ilustran a evolución deste artista plástico e agasalla aos visitantes cun marcador de páxinas dedicado...

Publicacións Relacionadas