test
Home Xunta de Galicia José González avalia Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia a importancia...

José González avalia Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia a importancia de reforzar a difusiòn e visibilización do traballo destas

- Anuncio -

— O titular de Emprego compartiu co máximo representante do colectivo en Galicia que é clave trasladar as vantaxes que ofrecen dentro da economía social

— As sociedades laborais están a medrar na comunidade autónoma cun crecemento de máis do 2% a peche de 2023 con respecto ao ano anterior

— A Xunta está a executar a segunda Estratexia de Economía Social, con horizonte 2027, coa que o Goberno galego aspira, cun orzamento de case 170 millóns de euros, a atraer talento, mellorar a competitividade e o crecemento en sectores emerxentes

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, mantivo unha xuntanza co presidente da Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal), Eduardo J. Salido, no proceso de escoita activa que o representante do Goberno galego iniciou no mes de maio cos principais axentes económicos e sociais de Galicia.
No encontro abordouse a importancia de difundir este modelo da economía social que está a medrar en Galicia cun crecemento do 2,26% a peche de 2023 con respecto ao ano anterior. Na actualidade hai rexistradas preto de 1.460 sociedades laborais na comunidade. González compartiu que é clave trasladar á sociedade en xeral as vantaxes que ofrecen estas entidades dentro da economía social e apostou por reforzar a difusión do traballo que fan, visibilizar, en definitiva, o seu labor.
Neste sentido, o titular de Emprego, Comercio e Economía Social, ademais, puxo en valor na reunión a importancia da economía social para Galicia, así como os programas e as ferramentas que está a poñer en marcha a Xunta para que este modelo siga crecendo na comunidade autónoma.
Así, recordou que nestes intres se está a executar a segunda Estratexia de Economía Social, co horizonte 2027, coa que o Goberno galego aspira, cun orzamento de case 170 millóns de euros, a xerar máis economía social, atraendo talento, mellorando a competitividade e o crecemento en sectores emerxentes. No marco desta planificación prevese a creación de 400 novas entidades e a xeración de 4.000 empregos, posicionando este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial.
O departamento autonómico está a investir este ano máis de 43,6 millóns de euros na economía social, un orzamento que creceu nun 3% con respecto a 2023 e que se artella en tres grandes eixos de actuación: a difusión da economía social, a creación e consolidación de iniciativas e a promoción do emprego inclusivo.

Relacionadas

Xosé Merelles participa na gala do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu esta tarde aos actos de celebración do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino,...

A I Liga Xunta de Galicia de Hip Hop decídese no Porriño este sábado...

0
●       A última proba do circuíto de catro ten lugar no Porriño, de onde sairán os campións e campioas galegos.●       A competición terá lugar...

A Xunta adquire 22 parcelas nas Fragas do Eume e eleva en case 12...

0
As fincas repártense entre os concellos de Monfero, A Capela e Cabanas e elevan o espazo non adscrito a propietarios privados a arredor de...

Xosé Merelles enxalza o atractivo turístico internacional da Romaría Vikinga de Catoira que se...

0
Na presentación da nova edición da festa referiuse tamén á importancia do proxecto de mellora nas Torres que se inclúe no marco do Plan...

Establecementos de aloxamento e axencias de viaxe poderán adherirse desde mañá sábado á nova...

0
www.bonoturismo.gal, tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os detalles da nova campaña do...

Lete destaca a aposta da Xunta polo pádell e as súas infraestruturas, que conseguer...

0
_Dende 2009, a Federación Galega de Pádel pasou de ser a vixésimo novena federación galega en número de licenzas con 1.482 a ser hoxe...

Publicacións Relacionadas