test
Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán disporá de vixilancia con drons da unidade Pegaso...

O Concello de Nigrán disporá de vixilancia con drons da unidade Pegaso para impedir os buratos en Praia América durante o San Xoan

- Anuncio -

Estrearase este operativo con axentes chegados ex-profeso desde Madrid e traballarán coordinados máis de 200 efectivos entre Policía Local, Guardia Civil, Policía Nacional e Protección Civil. Os accesos á praia estará controlados desde a mañá para que non se entre con apeiros, capazos ou calquera outro material

Como cada ano, haberá un dispositivo sanitario e de prevención de violencia de xénero, hospital de campaña e ambulancias medicalizadas

“O máis importante agora é que todos debemos facer, é informar á mocidade de que este ano será diferente en Nigrán, poderase festexar o San Xoan pero sen cavar buratos que atentan contra o noso patrimonio natural. Este ano estará vixilado, controlado e multado, asi que non ten sentido vir ao areal con pas porque deberán dar a volta”, explica o alcalde, Juan González

Aceptáronse un total de 75solicitudes para facer fogueiras en todo o municipio, todas de particulares

O Concello de Nigrán estreará un dispositivo de vixilancia sen precedentes en Praia América para impedir que se caven grandes buratos durante a celebración do San Xoan. Tal e como se informou este mediodía na Xunta Local de Seguridade celebrada no salón de plenos e presidida polo delegado de Goberno, Abel Losada, por vez primeira acudirá a Unidad Pegaso da provincia de Pontevedra ampliada con axentes desprazados ex-profeso desde a unidade central de Madrid co obxectivo de vixiar con drons todo o areal e incluso as calas máis afastadas de Monteferro ou Lourido. Máis de 200 persoas entre Policía Local, Guardia Civil, Seprona, Policía Autonómica, GES, Protección Civil e axentes de Tráfico traballarán coordinados para que a festa transcorra sen incidentes e, sobre todo, para acabar coa costume dos últimos anos de facer grandes buratos que danan o ecosistema.

Con este novo propósito, desde a mañá do domingo, Protección Civil controlará os diferentes accesos ao areal para que non se entre con calquera aparello que sirva para facer buratos ou grandes fogueiras, informando á Policía Municipal en caso de que sexa necesario. Segundo advirte o propio Concello, as multas por desobedecer e cavar buratos no areal ascenden de 100 € a 3.000 € en caso de ser leves e ata 200.000 € de ser catalogadas como graves, xa que poden estar infrinxíndose desde leis de conservación deste espazo natural protexido a leis de seguridade cidadá, pudendo incluso incrementarse moito a contía. A este dispositivo sen precedentes na Historia do Concello sumarase un equipo de concienciación ambiental que desde a maña tamén estará a pé de praia recordando aos asistentes as obrigas que acarrexa o respecto dun espazo natural (mensaxe que se repetirá tamén por megafonía). Igualmente, eles mesmos entregaranlle aos diferentes grupos sacos para que depositen o seu lixo nos contedores que se dispoñan nos accesos ás praias. Paralelamente, os drons da unidade Pegaso estarán funcionando desde primeira hora da tarde para detectar aos grupos que, pese ás advertencias, desobedecen a norma de non facer buratos no areal.

“O máis importante agora é que todos debemos facer, é informar á mocidade de que este ano será diferente en Nigrán, poderase festexar o San Xoan pero sen cavar buratos que atentan contra o noso patrimonio natural. Este ano estará vixiado, controlado e multado, asi que non ten sentido vir ao areal con pás porque deberán dar a volta”, explica o alcalde, Juan González, quen apela a que cada grupo recolla o seu lixo.

A maiores, como ven sendo habitual, a zona deportiva de Gaifar contará cun hospital de campaña e un Punto Violeta de atención a posibles casos de violencia de xénero e, como cada ano, as dunas quedarán pechadas perimetralmente para impedir o paso e iluminadas para mellorar a vixilancia, con unidades do Seprona colaborando. A Guardia Civil de Tráfico “blindará” o municipio con controis de alcoholemia para impedir que ninguén conduza baixo o efecto do alcohol ou outras substancias, aspecto este último que vixiará especialmente a Policía Nacional..

“Traballamos para que a noite transcorra con normalidade, sen incidentes e sexa a costume de facer buratos, e que, polo tanto, as fogueiras sexan as auténticas protagonistas da festa máis senlleira de Nigrán”, resume o rexedor, quen apunta a que se teñen aceptado 75 permisos de cacharelas (todas de particulares e rexeitándose 3 por solicitar facelas na praia).

“Levamos anos cunha campaña de concienciación pioneira en Nigrán e que inicialmente funcionou co tema do lixo, pero observamos que a costume de facer buratos medra, polo que se queremos preservar a nosa praia temos que chegar a este punto ao que non quixeramos ter que chegar, pero que resulta xa inevitable. Podemos facer ben a festa sen afectar ao noso ecosistema natural, non está rifado, e iso é o que debemos esixir”, explica o alcalde.

Relacionadas

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea

0
O proceso para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de xullo e contará con un importe para levar a cabo este proxecto...

Publicacións Relacionadas