test
Home Pontevedra A Lama A Festa do Codillo da Lama desafiou á choiva e logrou un...

A Festa do Codillo da Lama desafiou á choiva e logrou un éxito de público que encheu por completo as mesas e os bancos colocados baixo carpa na Alameda

- Anuncio -
O alcalde David Carrera oficiou como anfitrión deste evento gastronómico co conselleiro de Cultura, José López, o presidente da Deputación, Luís López, o director xeral de Gandeiría, José Balseiros e o deputado provincial de Cultura e rexidor de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

A Festa do Codillo da Lama resultou un auténtico éxito de público que desafiou a intensa choiva que durante toda a xornada acompañou a este evento gastronómico, un dos máis numerosos da comarca do Verdugo-Oitavén. Nesta ocasión actuaba por primeira vez como anfitrión o alcalde David Carrera que recibiu a visita do conselleiro de Cultura, José López, o presidente da Deputación, Luís López, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros e o deputado provincial de Cultura e rexidor de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

Con puntualidade británica, ás 13:30 horas o alcalde David Carrera deu orde ao Cátering Arelas para que comezara a repartir as racións de codillo que volveu ser estofado con guarnición de patacas asadas, con cenorias e chícharos.

Ademais do popular codillo, os asistentes a esta xornada de exaltación gastronómica poideron adquirir produtos de calidade como queixo, mel, repostería caseira e as populares filloas de Valongo. Tamén había un posto de polbeiro para aquelas persoas que quixeran poideran complementar o codillo con outras alternativas gastronómicas.

Unha hora antes da apertura do stand que dispensaba as racións de codillo, a Banda de Gaitas Os Catro Ventos ofreceu un concerto que foi moi aplaudido polo público presente. A sobremesa musical correu a cargo da Charanga Chargandonga que animou o evento co seu humor e o seu ritmo característicos.

A VENDA ANTICIPADA DE TÍCKETS, UN ACERTO ORGANIZATIVO

A venda anticipada de  tickets posta en marcha pola organización fixo que a inmensa maioría dos comensais que se deron cita no evento dispuxesen xa da entrada que lles daba dereito a unha ración de  codillo  estofado acompañada do correspondente prato conmemorativo de barro, os cubertos, pan,  servilleta e viño a demanda.

Desta maneira a organización evitou que se formara unha cola destinada á retirada de  tickets e habilitando varios espazos para que os operarios de Cátering  Arelas, de Gondomar, puidesen despachar ao mesmo tempo a máis persoas que se achegaban coa súa entrada xa abonada previamente para poder retirar a súa correspondente ración agardando baixo a carpa a súa quenda ou mesmo portando paraugas para facer fronte ás condicións metereolóxicas adversas.

POSTRES CASEIROS, POLBO Á FEIRA E VERMÚ NO BAR AMBULANTE

Tamén os establecementos hostaleiros situados nas inmediacións da Alameda da Lama serviron codillo estofado que gozou do aprezo do público que preferiu escoller estes locais para participar na festa gastronómica. Tamén estivo funcionando a pleno rendemento un bar ambulante, un pulpeiro e o público abarrotou os postos de empanadas,  delicatessen, filloas, e outros produtos galegos de calidade e de repostería que saciaron a demanda dos asistentes.

Esta xornada gastronómica rematou cun concerto, ás 19 horas, na propia Alameda protagonizado pola Banda de Música Municipal da Lama que interpretou varias pezas moi coñecidas do seu repertorio e que foron moi aplaudidas polo público presente.

Relacionadas

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea

0
O proceso para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de xullo e contará con un importe para levar a cabo este proxecto...

Publicacións Relacionadas