test
Home Pontevedra Baixo Miño A nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco ofrece un novidoso...

A nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco ofrece un novidoso espazo de lecer

- Anuncio -
A ‘Árbore dos Desexos’ que no Nadal fixo realidade os desexos dos nenos e nenas das familias ás que axuda SOS Tomiño-Baixo Miño foi plantada neste lugar

 

Tui conta cun novo parque infantil e área de lecer completamente en Chans do Carrasco en Randufe. Dende hai uns días este novo espazo está xa aberto para o seu disfrute pola poboación.

A actuación realizada supuxo un investimento de case 300 mil euros, e enmárcase  na liña de traballo iniciada para mellorar e acondicionar os parques infantís e áreas de lecer no municipio.

O novo parque de Chans conta con diferentes elementos lúdicos, bancadas, novas luminarias e un tótem informativo.  Destaca o parque infantil de seguridade vial cun circuíto para a aprendizaxe e disfrute dos máis pequenos e pequenas, e dispón de elementos clásicos de xogos coma randeeiras e tobogáns  xunto a elementos máis novidosos de xogos, adaptados a todas as idades e capacidades. Nesta actuación foron amais acondicionadas as pistas deportivas, instalados biosaudables, creouse un espazo para bicicletas e unha zona delimitada de aparcamento. A actuación realizada integrouse co palco existente e co lavadoiro de As Chans que foi recentemente restaurado.  Amais esta área conta con zonas verdes. Precisamente nun destes espazos foi plantada a “Árbore dos Desexos”, unha iniciativa que xurdiu de Miguel Veiga, e que no Nadal estivo na praza da Inmaculada para facer realidade os desexos dos nenos e nenas das familias á que axuda SOS Tomiño – Baixo Miño,

Precisamente Miguel Veiga amosou a súa satisfación porque esta Árbore dos Desexos poida crecer nun entorno coma o parque de Chans, co que dicía “se pecha o círculo desta iniciativa que naceu para axudar a uns nenos que están menos favorecidos para darlles un bonito Nadal, e que agora neste parque os nenos sigan xogando nun parque que representa tanto, o amor, o cariño, a amizade, o querer facer cousas bonitas, e seguir traballando para lograr un mundo mellor”.  Avanzaba que comezaron xa as primeiras conversas para dar continuidade á Árbores dos Desexos en cada Nadal en Tui.

Dende SOS Tomiño-Baixo Miño agradeceron esta iniciativa, do mesmo xeito que o fixo o alcalde, Enrique Cabaleiro, salientando que esta idea solidaria conta co respaldo da institución municipal. Quixo tamén o rexedor tudense agradecer o labor solidario que realizan dende SOS Tomiño Baixo Miño.

A actuación realizada no parque de Chan supuxo un investimento de 298.653,69 €  do que  287.648,75 € foron financiados con cargo ao Plan Concellos 2022-2023 da Deputación Provincial. A obra foi executada pola empresa Construcciones, Obras Y Viales S.A. COVSA.

Relacionadas

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea

0
O proceso para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de xullo e contará con un importe para levar a cabo este proxecto...

Publicacións Relacionadas