Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación alerta da necesidade de tratar os viñedos no sur da...

A Deputación alerta da necesidade de tratar os viñedos no sur da provincia para evitar a expansión da flavescencia dourada

- Anuncio -

Desde o pasado mes de maio xa se está producir o nacemento e desenvolvemento das formas xuvenís do insecto vector da enfermidade, o scaphoideus titanus

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación, alerta da necesidade de aplicar, cando a climatoloxía o permita, o primeiro tratamento contra a scaphoideus titanus, o cicadelido vector da flavescencia dourada da vide. A aplicación debe darse nas comarcas da provincia fronteirizas con Portugal que se atopan afectadas pola loita obrigatoria que se estableceu pola detección do patóxeno, que se poden consultar de maneira actualizada na web da Consellería do Medio Rural.

En concreto, desde o pasado mes de maio xa se está a producir o nacemento e desenvolvemento das formas xuvenís do insecto vector, que poden infectar plantas sas no caso de ter adquirido o fitoplasma causante da enfermidade de plantas infectadas do ano anterior. Areeiro lembra que os tratamentos contra o S. titanus son obrigatorios na denominada Zona Demarcada, pero moi convenientes en toda esta área para tentar delimitar ao máximo a extensión da enfermidade. Na páxina da Consellería tamén se pode consultar a listaxe das materias activas e formulacións autorizados para estes tratamentos.

Debido a que boa parte dos insecticidas autorizados son a base de materias activas de contacto, é moi importante mollar ben o envés das follas no caso de tratamentos con pistola como en superficies pequenas. Ademais, é fundamental eliminar nas zonas afectadas tamén os ladróns das cepas, pois as formas xuvenís do insecto teñen bastante tendencia a agocharse nas súas follas. Os técnicos de Areeiro recomendan aproveitar para facer unha intervención conxunta, xa que cando rematen as choivas actuais hai que renovar as aplicacións fronte ao mildio.

Relacionadas

Tui inaugurou hoxe unha praza de abastos de e para todos e todas

0
Así o destacou o rexedor tudense que tamén sinalou o efecto dinamizador do Mercado de San Antonio Nun acto cun carácter marcado festivo e gran...

Tomiño aposta polo deporte e a sostibilidade cunha ambiciosa reforma do pavillón da Carballa

0
O Concello investirá case 350.000 euros en obras para mellorar a a eficiencia enerxética, a funcionalidade e o confort das instalacións Tomiño dá un novo...

O Concello de Redondela presenta alegacións ao polígono de Louredo polo seu impacto ao...

0
A alcaldesa, Digna Rivas, explica que este parque empresarial “está próximo a núcleos de poboación e pode ter un impacto negativo tanto no medio...

O Concello de Tomiño leva por primeira vez ás parroquias o programa Reactívate

0
O programa de envellecemento activo chega a Barrantes, Tebra, Goián e Sobrada, multiplicando o orzamento dedicados ás persoas maiores nesta actividade Xa está aberta a...

O concello de Nigrán divulga entre a mocidade a figura de Luís de Camôes

0
Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Val Miñor participou nunha xornada sobre o poeta nacional portugués organizada polo Concello de Nigrán con motivo...

A Deputación promove a Ribeira Sacra como destino enoturístico en Italia

0
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, vén de organizar unha presentación do destino turístico da Ribeira Sacra e unha cata de viños...

Publicacións Relacionadas