test
Home Vigo O Porriño Reúnese a Mesa Local de Saúde no Porriño para promover un estilo...

Reúnese a Mesa Local de Saúde no Porriño para promover un estilo de vida saúdable no concello

- Anuncio -

●       Os axentes sociais e colectivos implicados participaron activamente e propuxeron ideas que o Concello terá en conta para novos proxectos

Esta mañá tivo lugar no Porriño unha mesa local de saúde á que estaban convocados todos as entidades e colectivos implicados do Concello, coa finalidade de detectar as principais necesidades en materia de saúde pública e  promover un estilo de vida saúdable entre a poboación. Esta Mesa pretende poñer o foco sobre os recursos dos que se dispoñe nos diferentes servicios existentes e unha posta en común das ideas e suxestións dos diferentes axentes sociais na procura dun Porriño que potencie hábitos e comportamentos o mais saúdables posibles.

Na mesa, presidida polo alcalde, Alejandro Lorenzo, participaron representantes de diversos centros educativos do municipio e entidades sociais, unha representación do Centro de Saúde e dos distintos departamentos do Concello, todo isto co fin de abordar de maneira transversal unha cuestión de vital importancia para todas e todos. 

A conselleira de Sanidade, Teresa Veloso, considera que “todo o que se poida aportar á hora de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas merece ser tido en conta. As diversas ideas que xurdiron ao longo desta Mesa servirán para implementar novos proxectos”.

Pola súa banda, o rexedor destacou que “a atención á saúde emocional, especialmente da mocidade e da infancia, a promoción de hábitos saudables e a atención das persoas maiores seguen sendo os eixos centrais da nosa estratexia local de promoción da saúde e traballaremos nesa liña”.

Relacionadas

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea

0
O proceso para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de xullo e contará con un importe para levar a cabo este proxecto...

Publicacións Relacionadas