test
Home Vigo O Porriño O Porriño pon a proba os protocolos de evacuación en caso de...

O Porriño pon a proba os protocolos de evacuación en caso de incendio nos centros educativos

- Anuncio -

● A Policía Local organizou simulacións “reais” de evacuacións durante o derradeiro mes

Escolares e profesorado dos centros educativos do Porriño viviron evacuacións realistas nos seus centros, guiados pola Policía Local. Soamente os directores/as dos centros estaban ao corrente destes simulacros, para que a experiencia fose o máis real posible.

Deste xeito, a Policía Local xunto con Protección Civil, simulou incendios con máquinas de fume estratéxicamente colocadas no interior dos centros para que se activaran tódolos protocolos de seguridade e evacuación. Incluso se contaba coa colaboración dos directores dos centros para `agochar´ algún neno/a nalgunha estancia e traballar a resposta nos profesores encargados, coa finalidade de comprobar si se cumpren os protocolos de evacuación e de afianzalos, tanto nos alumnos/as, coma nos mestres e resto de traballadores dos centros.

Nesta ocasión os centros nos que se fixeron os simulacros de evacuación foron o CEIPP Antonio Palacios, CEIPP da Ribeira, CPR Santo Tomás, CEIP Cruz Budiño, CPR Hermanos Quiroga e CEIPP Atios. O CEIPP Fernández López xa levara a cabo o simulacro no primeiro trimestre.

Estes teñen o obxectivo, polo tanto, de valorar a metodoloxía cun caso práctico realista: se a evacuación se desempeña no tempo e na forma adecuada, se reúnen no punto de encontro acordado e se os responsables comproban que están a salvo tódalas persoas baixo a súa responsabilidade.

Daniel Rodríguez, Inspector Principal Xefe da Policía Local do Porriño aclara que “esta é a metodoloxía de traballo idónea para fomentar os planes de autoprotección e, tanto o alumnado e o profesorado, teñan interiorizado unha evacuación nunha situación real”.
Pola súa banda, a Concelleira de Educación, Carolina González apunta que “dende o Concello, en colaboración cos centros educativos do Porriño, realizamos estos simulacros tratando de ser o máis reais posibles e nunha situación de risco, tal e como aparecen recollidos nos plans de evacuación dos propios centros. Trataremos de levalos a cabo todos os anos para que estean preparados en caso de que se presente unha situación na que teñan que evacuar o edificio”.

Abel Estévez, Concelleiro de Seguridade engade que “é moi importante que este tipo de normas de seguridade e protocolos de evacuación se aprendan e interioricen, especialmente na rapazada, para que as poidan aplicar sen dubidar en caso de situación de risco”.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, concluíu destacando a importancia de “enfrentarse a determinadas situacións de emerxencia para poder detectar posibles fallos na resposta e poder actuar con dilixencia e efectividade no caso de incendio real” e agradeceu “o traballo da Policía Local e Protección Civil que se implica especialmente nestas actividades e tamén da comunidade educativa”.

Relacionadas

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea

0
O proceso para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de xullo e contará con un importe para levar a cabo este proxecto...

Publicacións Relacionadas