Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Fundación Esplai e Concello de Salceda botan a andar o CRI-TIC para...

Fundación Esplai e Concello de Salceda botan a andar o CRI-TIC para achegar a infancia e a adolescencia ao mundo dixital

- Anuncio -

O CEP Altamira e o IES Pedras Rubias fomentan a actividade entre o seu alumnado

              O Concello de Salceda de Caselas, a Fundación Esplai, o CEP Altamira e o IES Pedras Rubias veñen de presentar a actividade “CRI-TIC Infancia e xuventude con criterio dixital”, que vai permitir a formación en competencias dixitais básicas e avanzadas a 24 adolescentes do municipio durante o verán de xeito gratuíto.

O proxecto CRI-TIC, xestionado pola Fundación Esplai, ten como obxectivo fundamental favorecer a adquisición de competencias dixitais dende a infancia. Así, combinando coñecementos, habilidades e actitudes, foméntase unha actitude crítica e responsable da tecnoloxía, non só para a aprendizaxe ou traballo, senón tamén para a participación na sociedade e a interacción social. As persoas participantes recibirán formación no uso responsable de internet, ciberseguridade, robótica educativa, impresión dixital e realidade virtual, entre outros.

O proxecto divídese en dous grupos de atención de 30 horas de duración: un grupo de competencias básicas para os nenos e nenas nados no 2012 e no 2013, e outro de competencias avanzadas para as persoas nadas entre os anos 2010 e 2011. Os centros de ensino realizaron a difusión desta iniciativa entre o seu alumnado, quedando a día de hoxe prazas dispoñibles no grupo de competencias básicas. As sesións levaranse a cabo no CEP Altamira entre o 24 de xuño e o 18 de xullo.

Selene González, Concellaría de Ensino e Benestar Social: “É un orgullo para nós poder colaborar coa Fundación Esplai velando pola transformación e inclusión social de toda a nosa mocidade. Esta iniciativa chega por vez primeira ao noso Concello e terá continuidade no vindeiro curso”.

Loli Castiñeira: “unha poboación nova como a de Salceda precisa de ferramentas como este programa, que axuden á inclusión dixital dende a infancia para que ninguén se quede atrás. Agradecemos á Fundación Esplai por ter elixido o noso Concello para unha iniciativa tan interesante para a nosa mocidade, así como aos centros educativos pola súa implicación e acollida.

Relacionadas

Tui inaugurou hoxe unha praza de abastos de e para todos e todas

0
Así o destacou o rexedor tudense que tamén sinalou o efecto dinamizador do Mercado de San Antonio Nun acto cun carácter marcado festivo e gran...

Tomiño aposta polo deporte e a sostibilidade cunha ambiciosa reforma do pavillón da Carballa

0
O Concello investirá case 350.000 euros en obras para mellorar a a eficiencia enerxética, a funcionalidade e o confort das instalacións Tomiño dá un novo...

O Concello de Redondela presenta alegacións ao polígono de Louredo polo seu impacto ao...

0
A alcaldesa, Digna Rivas, explica que este parque empresarial “está próximo a núcleos de poboación e pode ter un impacto negativo tanto no medio...

O Concello de Tomiño leva por primeira vez ás parroquias o programa Reactívate

0
O programa de envellecemento activo chega a Barrantes, Tebra, Goián e Sobrada, multiplicando o orzamento dedicados ás persoas maiores nesta actividade Xa está aberta a...

O concello de Nigrán divulga entre a mocidade a figura de Luís de Camôes

0
Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Val Miñor participou nunha xornada sobre o poeta nacional portugués organizada polo Concello de Nigrán con motivo...

O Concello inclúe a creación dun novo paso de peóns en Concepción Arenal

0
Aproveitando a mellora da urbanización desta zona que se está a executar, dotouse ao tramo que vai da Rotonda das Anclas ao cruce con...

Publicacións Relacionadas