A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico para a celebración, desde pasado mañá, mércores, 19 até o domingo, 23 de xuño, das Festas de Ourense 2024. Ademais do Centro Histórico, onde estará o mercado medieval, as actividades programadas requirirán levar a cabo diferentes restricións de tráfico, que afectarán principalmente á contorna do Parque do Barbaña, onde estarán as barracas; a rúa do Progreso na contorna da Alameda, onde se levarán a cabo o pregón, actuacións de orquestras e do grupo Celtas Cortos, e rúa Pardo de Cela, onde se realizará a Festa de Fin de Curso e a actuación do Combo Dominicano.
Mércores, 19, a domingo, 23 de xuño
Pecharase o acceso de vehículos ao Paseo Ponte Pedriña desde as rúas Portocarreiro e Fonte do Bispo, pola instalación das barracas festivas. Poderase acceder aos garaxes desde Avilés de Taramancos-Pardo de Cela.
Mércores, 19 de xuño.
Ás 15.30h, pecharase ao tráfico a rúa do Progreso desde a glorieta de San Rosendo até a baixada á Praza de Abastos para montar o escenario do pregón das festas, á altura da Alameda. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Permitirase subir por Parada Justel até as 19.00 horas
Xoves, 20 de xuño.
Ás 16.00h, pecharase a rúa do Progreso desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos para montar o escenario da orquestra Costa Verde. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Poderase subir pola rúa Parada Justel até as 19.00h.
Venres, 21 de xuño.
Ás 12.00h, pecharase a rúa do Progreso entre a glorieta de San Rosendo e a Baixada da Praza de Abastos para montar o escenario do concerto de Celtas Cortos. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Permitirase subir pola rúa Parada Justel até as 20.00h.
Ás 15.00h, pecharase a rúa Pardo de Cela, desde Avilés de Taramancos até a Praza de Concepción Arenal, para montar o escenario da Festa de Fin de Curso – Macro Discoteca Evolution.
Sábado, 22 de xuño.
Ás 14.00h, pecharase a rúa do Progreso, desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos, para montar o escenario da orquestra Função Pública. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación Permitirase subir pola rúa Parada Justel até as 19.00h.
Ás 18.00h pecharase a rúa Pardo de Cela, desde Avilés de Taramancos até a Praza de Concepción Arenal, para montar o escenario da orquestra Combo Dominicano
Domingo, 23 de xuño.
Ás 14.00 h pecharase a rúa do Progreso, desde a glorieta de San Rosendo até a baixada da Praza de Abastos para montar o escenario da orquestra París de Noia. O tráfico desviarase cara ás rúas Ervedelo e Baixada da Praza de Abastos – Dr. Fléming, en función do sentido de circulación. Permitirase subir por Parada Justel até as 19.00h.
Outros:
– A parada de taxis da Alameda situarase provisionalmente na rúa Parada Justel durante os días de festa
– Desde o primeiro até o segundo corte de tráfico na zona da Alameda, é dicir, mentres se poida subir por Parada Justel, a parada de autobús da Alameda en sentido centro cidade estará provisionalmente fronte ao Bispado.
– Nas prazas e vías do centro histórico estará o mercado medieval.
– Á rúa Ponte Pedriña só se poderá acceder pola rúa Avilés de Taramancos até o cambio de sentido.