Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Salnés O BNG denuncia o estado de abandono da rúa San Roque e...

O BNG denuncia o estado de abandono da rúa San Roque e insta a unha intervención integral

- Anuncio -

Desde hai meses, a rúa San Roque vén sufrindo problemas no tramo que discorre entre a gasolineira e a Praza da Independencia como consecuencia do grave deterioro dunha rede de saneamento que non experimentou reformas desde hai máis de trinta anos. O estado de deterioro das tubaxes de fibrocemento é tal que, periodicamente, prodúcense graves problemas de retorno de augas fecais nos baixos de distintos establecementos comerciais, a pesar dos intentos de limpeza e desatasco pola empresa que realiza o mantemento da rede na vila, ocasionando un prexuízo económico e de salubridade do vecindario, que ten que soportar a pestilencia no ambiente. Estes verquidos sucédense mesmo en períodos en que non se producen choivas e, polo tanto, inatribuíbles á mestura coa rede de pluviais. Cómpre, por tanto, acometer unha reforma integral de dita rede, que deberá vir acompañada doutras demandas veciñais, como a humanización dese tramo que, lembremos, é parte da ruta oficial do desfile de San Roque, precisando máis ancho da beirarrúa e unha mellora do obsoleto alumeado que permitirían prolongar o paseo desde a Praza da Independencia e, con iso, unha maior actividade comercial. Desde o BNG entendemos que se trata, en definitiva, dunha intervención necesaria, cuxo proxecto e execución deberían ser tidos en conta desde o punto de vista orzamentario xa neste ano 2024.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas