Home A Coruña O Concello de Cerdido mellora o camiño que une Piñeiro e Vila...

O Concello de Cerdido mellora o camiño que une Piñeiro e Vila da Igrexa

- Anuncio -
  • As obras contan cun orzamento de 58.184 euros, mellorando as infraestruturas básicas na procura do beneficio da veciñanza
  • Renovouse a superficie do vial, repoñendo a superficie a través de aglomerado en quente

O Concello de Cerdido vén de rematar as obras de mellora do camiño que une os lugares de Piñeiro e Vila da Igrexa.

O orzamento da execución ascendeu ata os 58.184 euros, que forman parte do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

O proxecto contemplaba a actuación sobre a capa de rodaxe da vía, que conta cunhas dimensións de 850 metros de lonxitude e 5 metros de ancho. A superficie cubriuse con aglomerado en quente, previa reparación das fochancas e mordentes con grava e tratamento asfáltico. A obra completouse coa limpeza das gabias e salvagavias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.

A realización desta actuación perseguía a mellora dunha infraestrutura básica en favor dos veciños e veciñas do municipio de Cerdido, co obxectivo de facilitar o transporte e garantir a seguridade vial.

O alcalde, Alberto Rey, indicou que “con estas actuacións melloramos as infraestruturas básicas do noso Concello, mellorando a vida dos nosos veciños e veciñas”

O rexedor subliñou “a importancia de ter unhas boas conexións entre os distintos núcleos rurais nun concello como Cerdido para facilitar os desprazamentos do día a día”.

Relacionadas

Ribeira presenta unha Cabalgata máis inclusiva

0
Entramos xa na recta final das celebracións do Nadal e a cita máis agardada por todas e todos, especialmente polos máis cativos é a...

A Concellaría de Medio Rural inicia 2025 co primeiro Plan municipal de prevención e...

0
A concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, realizou un balance das actuacións realizadas no último ano e que supoñen iniciar 2025 co primeiro Plan...

A Pobra reparte as últimas caramiñas para sortear nuns días a viaxe familiar a...

0
A época do Nadal xa está chegando ao seu fin e A Pobra do Caramiñal prepárase para despedi-la campaña Volta o Nadal, voltan as...

Francisca Simil, veciña da Pobra, cumpre 103 anos

0
O Concello da Pobra do Caramiñal comezou o 2025 felicitando a unha das súas veciñas centenarias: Francisca Simil Mariño. Para ela cada Aninovo é...

Laxe recibirá este domingo a visita dos Reis Magos de Oriente

0
• As súas Maxestades sairán ás 15:00 horas da Casa do Concello e farán un percorrido polas rúas de Laxe e as demais parroquias •...

Lorena Breijo, de Barallobre, e María Celia López, de Perlío, son as gañadoras do...

0
Vinte e dúas persoas participaron na I edición do Concurso de Decoración de Nadal que organizou a Concellería de Promoción Económica co obxectivo de...

Publicacións Relacionadas