Home A Coruña As Somozas abre este mes de xuño a piscina na área recreativa...

As Somozas abre este mes de xuño a piscina na área recreativa do Carballo con servizo de cantina

- Anuncio -

• Aberta ao público de luns a domingo, en horario de 14:30 a 20:30 horas, e as solicitudes de abonos para a piscina deberán facerse no Concello en horario de 9:00 a 14:00 h

• Un ano máis haberá servizo de cantina nas instalacións.

O Concello das Somozas abrirá este mes de xuño a piscina descuberta municipal para a tempada estival, que volverá a contar con servizo de cantina.

O horario de apertura ao público será de luns a domingo, en horario de 14:30 h a 20:30 h. As persoas abonadas ao pavillón multiusos teñen acceso gratuíto á piscina descuberta, para iso deberán identificarse con algún documento acreditativo con foto.

Tamén, as persoas abonadas á piscina descuberta terán acceso ao ximnasio do pavillón, o cal terá o seguinte horario nos meses de xullo e agosto: de luns a venres de 10:00 h. a 13:00 h e de l8:00 h a 21:00 h.

As solicitudes de abonos para a piscina descuberta deberán facerse no Concello en horario de 09:00 a l4:00h.


Servizo cantina

Outro ano máis, as instalacións contarán con servizo de cantina, anexo ás instalacións, que estará a disposición dos usuarios das instalacións do 22 de xuño ao 30 de setembro, no mesmo horario ca piscina.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas