Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O PP de Vilaboa lamenta o “escurantismo e falla de transparencia” do...

O PP de Vilaboa lamenta o “escurantismo e falla de transparencia” do alcalde por negarlle o acceso ao rexistro desde o 1 de xaneiro e anuncia a súa intención de recurrir á xustiza

- Anuncio -
  • O voceiro municipal, Alberto Acuña, lembra que nos anos anteriores atendíase a súa petición mensual de información a través dun envío ao correo electrónico, “pero o rexedor mudou de postura actuando de xeito prepotente pola maioría absoluta para acalar á oposición”

O grupo municipal do PP de Vilaboa vén de lamentar a “postura escurantista e obstruccionista e a falla de transparencia” do alcalde, César Poza, por denegarlle o acceso ao rexistro xeral de entrada e saída desde o pasado 1 de xaneiro, cambiando deste xeito a postura mantida ata esa data, e anuncia a súa intención de recurrir aos tribunais de xustiza para revertir esta decisión e que se lle garanta o acceso á información municipal para exercer o seu labor de fiscalización e control da acción de goberno.

O voceiro popular, Alberto Acuña, explicou que nos anos anteriores sempre cursaba unha solicitude mensual de información do listado de asuntos municipais do rexistro de entrada e saída e que o mesmo remitíaselle puntualmente ao correo electrónico do partido, pero dita situación bloqueouse a comezos do presente ano sen que haxa motivo aparente.

“O rexedor mudou de postura sen darnos ningunha explicación, polo que cremos que simplemente está actuando de xeito prepotente amparado na súa maioría absoluta e co único obxectivo de dificultar o traballo da oposición impedíndonos examinar a documentación, xa que é consciente de que hai moitas cuestións controvertidas, e co propósito de acalarnos e que non haxa a máis mínima crítica á súa errática xestión”, manifestou o concelleiro do PP.

Alberto Acuña revelou que, desde que se producíu esta situación a comezos de ano, os populares veñen de reiterar a súa solicitude, pero, ante a negativa do alcalde, van presentar un recurso contra á mesma e, de non atenderse, presentarán a correspondente demanda ante a xustiza.

O voceiro popular engadíu que “tampouco nos serven as xustificacións do alcalde de ampararse nun informe de Secretaría no que se especifica que a petición é demasiado ampla e xenérica”, xa que lembrou que, no mesmo ditame, “tamén déixase claro que os membros da corporación teñen dereito a obter cantos antecedentes, datos o información obren en poder dos servizos da corporación”.

“A realidade xurídica é a mesma en anos anteriores que na actualidade, polo que, se antes se nos entregaba a documentación do rexistro e agora non se fai é unicamente pola intención do alcalde de ocultar información e bloquear o noso traballo, o que cremos que supón un claro indicio de que ten algo que agochar, pero imos seguir loitando polos nosos dereitos e os dos veciños de Vilaboa”, concluíu Acuña.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas