Home Vigo Mos “VivaMos ca liberdade de sentir” é o lema do Orgullo en Mos,...

“VivaMos ca liberdade de sentir” é o lema do Orgullo en Mos, resultante do V Concurso de Frases convocado na localidade mosense

- Anuncio -

–          A gañadora, e autora da mesma, é Ana Isabel Monzón Otero, veciña da parroquia de Pereiras

–          Xunto co concurso, a programación mosense do Orgullo inclúe unha Marcha pola Diversidade que se celebrará o 29 de xuño con saída ás 10h do CEIP Mestre Martínez Alonso

Ana Isabel Monzón Otero de 45 anos, e natural da parroquia de Pereiras, é a autora da frase gañadora do V Concurso de Frases do Orgullo: “VivaMos ca liberdade de sentir”.

O Concello de Mos vén convocando dende fai 5 anos un concurso de frases co motivo do día do Orgullo LGBTQIA+ organizado dende as Concellerías de Igualdade e Xuventude.

Ademais deste concurso os actos reivindicativos do Orgullo deste ano en Mos incluirán tamén a Marcha CAMIÑAMOS POLA DIVERSIDADE, que se celebrará o vindeiro 29 DE XUÑO desde as 10:00 horas, con saída dende o CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO e que contará con PERCORRIDO CIRCULAR.

Tal e como explicaba hoxe o concelleiro de Igualdade, Leo Costas, “queremos seguir mobilizándonos a favor dos dereitos LGBTQIA+ e facer partícipe a nosa poboación”.

“O día do Orgullo LGBTQIA+ é o venres 28 de xuño e dende o Concello queremos darlle a visibilidade á diversidade sexual e de xénero”, explicaron os edís Costas e Julia Loureiro, concelleira de Xuventude. 

A frase gañadora do concurso, “VivaMos ca liberdade de sentir” é o slogan de este ano e estará exposta dende hoxe e ata o día 4 de xullo na pantalla da Rotonda das Angustias.

O criterio de valoración que se tivo en conta a hora de ditaminar o fallo do concurso, foi a coherencia entre o significado da frase coa significación do día que se conmemora, buscando un slogan idóneo, e que non precise explicación.

O xurado estivo composto polo concelleiro de Igualdade, en calidade de Presidente, a Directora do CIM, a Psicóloga do departamento de Servizos Sociais e a técnica do Departamento de Xuventude e Participación, que actuou tamén como secretaria.

O premio para a frase gañadora é un libro electrónico valorado en máis de 150 euros.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas