Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Soutomaior acollerá o 13 de xullo a primeira edición do Festival 'Son...

Soutomaior acollerá o 13 de xullo a primeira edición do Festival ‘Son das Alvedosas’

- Anuncio -

O Concello de Soutomaior, da man da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’, organiza este evento musical e cultural.

A concelleira de Xuventude, Rosana Martínez, participou este martes na presentación do festival musical ‘Son das Alvedosas’, que decorrerá no Peirao de Arcade o vindeiro 13 de xullo. O evento está organizado polo Concello de Soutomaior, da man da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’. Precisamente, na presentación tamén participaron Sabela Lorenzo e Lara Prado como representantes da asociación. Ademais, tamén estivo presente Clara Seco, en representación dos grupos e artistas participante.

Nesta primeira edición do ‘Son das Alvedosas’, o cartel estará integrado por Laura Panicanela, MJ Pérez e Maskarpone. Ademais, haberá sesión DJ a cargo de Meu Carinho e The Game Disco. Xunto coa oferta musical, o público asistente ao ‘Son das Alvedosas’ poderá participar nunha serie de actividades e obradoiros complementarios, así como outras novidades e sorpresas que a organización do festival irá anunciando nas vindeiras datas.

Sabela Lorenzo, presidenta da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’, sinalou que “desde hai anos existe no noso concello a demanda de eventos e actividades dirixidas cara a nós, a mocidade. ‘Son das Alvedosas’ nace coa idea de darnos aos mozos e mozas de Soutomaior un espazo artístico e cultural que aposta polos valores da igualdade, a promoción da cultura e a lingua galegas e a participación cidadá, neste caso da xuventude. É de agradecer a sensibilidade e o firme compromiso mostrados polo Goberno local coa mocidade do noso concello”.

Pola súa parte, a concelleira Rosana Boullosa sinalou que “o Goberno de Soutomaior traballa da man con todos os sectores sociais municipais para facer do noso concello un lugar mellor e no que ninguén queda atrás. Exemplo diso son as numerosas obras e actuacións que estamos a levar a cabo nos barrios do concello, en consonancia coas necesidades que nos traslada a veciñanza, coa que mantemos constante comunicación. E tamén proba diso é a aposta por actividades e eventos como o ‘Son das Alvedosas’, co que damos resposta a unha demanda histórica da nosa mocidade”.

Relacionadas

Tui inaugurou hoxe unha praza de abastos de e para todos e todas

0
Así o destacou o rexedor tudense que tamén sinalou o efecto dinamizador do Mercado de San Antonio Nun acto cun carácter marcado festivo e gran...

Tomiño aposta polo deporte e a sostibilidade cunha ambiciosa reforma do pavillón da Carballa

0
O Concello investirá case 350.000 euros en obras para mellorar a a eficiencia enerxética, a funcionalidade e o confort das instalacións Tomiño dá un novo...

O Concello de Redondela presenta alegacións ao polígono de Louredo polo seu impacto ao...

0
A alcaldesa, Digna Rivas, explica que este parque empresarial “está próximo a núcleos de poboación e pode ter un impacto negativo tanto no medio...

O Concello de Tomiño leva por primeira vez ás parroquias o programa Reactívate

0
O programa de envellecemento activo chega a Barrantes, Tebra, Goián e Sobrada, multiplicando o orzamento dedicados ás persoas maiores nesta actividade Xa está aberta a...

O concello de Nigrán divulga entre a mocidade a figura de Luís de Camôes

0
Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Val Miñor participou nunha xornada sobre o poeta nacional portugués organizada polo Concello de Nigrán con motivo...

O Concello inclúe a creación dun novo paso de peóns en Concepción Arenal

0
Aproveitando a mellora da urbanización desta zona que se está a executar, dotouse ao tramo que vai da Rotonda das Anclas ao cruce con...

Publicacións Relacionadas