Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia Rueda anuncia que hoxe se publica no DOG a orde de axudas...

Rueda anuncia que hoxe se publica no DOG a orde de axudas de ata 12.000 euros destinados aos afectados por esclerose lateral amiotrófica (ELA)

- Anuncio -
  • Galicia é a única comunidade autónoma que ofrece este tipo de axuda directa
  • Este ano tamén se poderán beneficiar as persoas diagnosticadas de Esclerose Lateral Primaria e de Amiotrofia Espiral Progresiva

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a segunda edición da convocatoria de axudas de ata 12.000 euros destinadas aos afectados por Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

O titular do executivo galego, acompañado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá o domicilio dun dos doentes diagnosticados con esta enfermidade, e beneficiario da convocatoria anterior, para coñecer de primeira man as súas necesidades e as da súa familia.

Rueda chamou a atención sobre o feito de que, ademais de facer fronte á enfermidade, os doentes teñen que afrontar tamén numerosos gastos para adquirir produtos de apoio como cadeiras de rodas; adaptar o fogar ás novas necesidades con melloras, por exemplo, de accesibilidade; ou para recibir atención fisioterapéutica ou de rehabilitación: “Unhas necesidades que son crecentes e que moitas veces lévanlles a que sexan unha preocupación case tan grande como a propia enfermidade”, declarou Rueda.

De aí que a Xunta decidise poñer en marcha o ano pasado unha orde de axudas específica para os afectados, converténdose na primeira comunidade en facelo. Así, os doentes poden recibir ata 12.000 euros para poder afrontar estes gastos, “unhas axudas que so a Xunta de Galicia está concedendo en toda España”, destacou o presidente.

O ano pasado recibiron esta axuda preto de 200 persoas, que poderán volver solicitala nesta convocatoria. Ademais, e como novidade nesta edición, tamén poderán ser beneficiarios os afectados por Esclerose Lateral Primaria e Amiotrofia Espiral Progresiva.

O Goberno galego mantén así unha firme aposta por apoiar ás persoas diagnosticadas con ELA. Por iso, ademais das axudas, tamén habilitou un proceso clínico para axilizar o seu diagnóstico e atención e puxo en marcha unha vía preferente na valoración de dependencia para que accedan ao servizo no menor tempo posible: “Alégrome de que polo menos podamos contribuír a facerlle todo un pouco máis levadeiro e gustaríame que isto tamén se entenderá a outras administracións”, rematou Rueda.

Relacionadas

A Xunta destaca o potencial do Mercado Municipal de Tui na innivación e dinamización...

0
— O director xeral de Comercio e Consumo asistiu á inauguración do Mercado de San Antonio, renovado recentemente e que conta co apoio do...

Lete Lasa destaca a importancia de contar en Galicia con Luis de la Fuente...

0
_Subliña a importancia de contar con este evento en Galicia que motiva e impulsa a traxectoria dos técnicos e técnicas galegas e lembra que,...

Máis de 350 estudantes par y participan este curso nos programas de interrcambio da...

0
Estas mobilidades realízanse ao abeiro dos programas EduFrance, EduMob e PicassoMob nas rexións Hauts-de-France, Bretagne, Académique, Grand Est e Bourgogne-Granche Comté Un total de 350...

O premio de Relato Curto ‘Nortear’ impulsado pola Xunta recae no escritor Culleredense Manuel...

0
Dotada con 3.000 euros, a iniciativa nace da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua...

A Xunta destina preto dun millón de euros a impulsar actividades de promoción da...

0
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou nas primeiras xornadas de igualdade organizadas pola ANPA do Colexio Virxe Milagrosa A directora xeral...

A Xunta anuncia a licitación das obras da nave de deportes naúticos da sociedade...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Alvárez presentaron hoxe as obras que...

Publicacións Relacionadas