Home O Morrazo Moaña Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego...

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller esta fin de semana ata sete Campionatos de Galicia

- Anuncio -

_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16 anos é líder da Copa de España de Estrada Feminina na categoría cadete

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá de hoxe o Campionato de Galicia de Ciclismo de Estrada que acollerá nesta fin de semana ata sete probas, dúas masculinas -cadete e júnior- e outras cinco femininas – cadete, júnior, sub-23, elite e máster 40- que servirán de antesala á celebración do Campionato de Galicia masculino elite e sub-23 que se celebrará a partir do vindeiro 23 de agosto, tamen en Moaña.

Lete Lasa destacou a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos de Galicia e resaltou a importancia do ciclismo de base co que conta Galicia, sinalando o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16 anos é líder da Copa de España de Estrada Feminina na categoría cadete.

Nas súas verbas, o secretario xeral non quixo perder a oportunidade de falar sobre os próximos Xogos e lembrar aos ciclistas galegos que chegaron a ser olímpicos, como Gonzalo Aguiar nos Xogos Olímpicos de Seul 88 e José Enrique Porto Lareo nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012. Para estes próximos Xogos Olímpicos “contamos con Damián Ramos que tras sufrir un grave accidente en 2014 subiuse á bicicleta e ten todas as papeletas para ser o terceiro ciclista galego nuns Xogos e o segundo nos Paralímpicos”.

O secretario xeral para o Deporte, aproveitou para destacar o bo momento polo que pasa o ciclismo galego, “é sen dúbida, referente nacional e internacional e probas como a deste sábado poñen de manifesto a gran paixón que existe en Galicia polo ciclismo”, lembrando que “as licenzas totais aumentaron nun 400% e as femininas case un 500% dende 2009”.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Publicacións Relacionadas