test
Home Xunta de Galicia Establecementos de aloxamento e axencias de viaxe poderán adherirse desde mañá sábado...

Establecementos de aloxamento e axencias de viaxe poderán adherirse desde mañá sábado á nova edición do Bono Turístico da Xunta

- Anuncio -

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os detalles da nova campaña do Bono Turístico da Xunta de Galicia coa apertura, mañá sábado 29 de xuño do prazo para que as axencias de viaxes e establecementos de alozanmento interesados se adhiran a esta iniciativa. O vindeiro xoves 4 de xullo abrirase o prazo para que os usuarios descarguen os bonos. Con esta iniciativa o Goberno autonómiuco busca promover as viaxes en Galicia durante este outono.

No caso das empresas poderán participar establecementos turísticos de aloxamento situados en Galicia que cumpran os requistos que se explican nas bases e axencias de viaxes, neste caso que teñan un centro de traballo na Comunidade autónoma de Galicia e que desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia. Deberán estar dados de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación da convocatoria. O prazo de adhesión de establecementos comeza mañá sábado 29 de xuño e estará aberto ata o 2 de decembro. Poderán facelo a través da páxina web www.bonoturismo.gal.

No caso dos usuarios, a descarga dos bonos activarase o vindeiro 4 de xullo desde as 9,00 horas a través da mesma páxina web. Os beneficiarios poderán empregar os seus bonos desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos incluídos.

O Goberno autonómico inviste este ano 1M€ coa previsión de movilizar no sector 2,5M€ durante o outono. Poranse en circulación máis de 16.000 bonos en formato código QR cun importe de 150€, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia en nun 60% polas persoas que o soliciten (os particulares abonarán, polo tanto, 90€ para contar cun bono por valor de 150€). Como novidade, cada usuario poderá descargar este ano ata dous bonos, polo que poderá contar cun investimento de ata 300€ para gozar dunha estadía o vindeiro outono nalgún dos establecementos que se adhiran.

Fóra de temporada

A iniciativa -que naceu no contexto da pandemia para dinamizar o consumo turístico e inxectar liquidez ás empresas do tecido turístico galego- está consolidándose como una proposta que impulsa a actividade fóra de temporada alta e contribúe a apoiar o sector.  

Nestes catro anos puxéronse en circulación máis de 47.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 14M€: deles, durante a pandemia foron máis de 10M€ (5M€ co bono turístico sociosanitario e 5,8M€ no ano 2021), aos que se suman os 3M€ nos últimos dous anos.

Relacionadas

Alfonso Rueda salienta o papel de Historia Marítima de Galicia á hora ...

0
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á presentación do libro Historia Marítima de Galicia de Enrique López Veiga en Vigo,...

O Camiño de Santiago renova a súa condición de Primeiro Itinerario Cultural Europeo

0
A Federación Europea do Camiño de Santiago vén de notificar á Xunta de Galicia esta certificación que avala o traballo do Goberno autonómico para...

Diego Calvo recibe ao equipo feminino do Pescados Rubén Burela tras acadar o...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que o equipo feminino sitúase cos seis títulos ligueiros ao nivel do Futsi Atlético Navalcarnero e...

Galicia e Portugal colaboran no desenvolvemento de sete proxectos piloto de infraestructuras verdes na...

0
Durante a sexta reunión de coordinación da iniciativa, celebrada en Paredes de Coura, representantes do Instituto de Estudos do Territorio expuxeron os últimos avances...

A Xunta colabora con ACCEM na atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

0
Incrementou ata os 520.000 euros as axudas con cargo ao 0,7% do IRPF a esta entidade, o que permitiu que incrementase as prazas deste...

A Xunta reforza a colaboración con entidades sociais de Galicia para garantir a protección...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asinou hoxe en Santiago de Compostela convenios de colaboración con nove asociacións para o desenvolvemento...

Publicacións Relacionadas