test
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación recomenda despuntar e esfollar as viñas de xeito prioritario para...

A Deputación recomenda despuntar e esfollar as viñas de xeito prioritario para favorecer a ventilación dos acios e manter a vixilancia periódica ante o mildio

- Anuncio -

As néboas e a precipitación fina dos últimos días foron favorables ao avance do oídio e comezan a observarse síntomas de erinose de verán

Nas follas recollidas atópanse ninfas intermedias de Scaphoideus titanus, o cidadelido transmisor da flavescencia dourada polo que Areeiro recorda que é obrigatorio tratar contra o insecto e arrancar ou destruír as plantas afectadas

A Deputación de Pontevedra de Pontevedra recomenda despuntar e esfollar as viñas de xeito prioritario para favorecer a ventilación dos acios e manter a vixilancia periódica ante o mildio no seu último aviso fitosanitario elaborado pola Estación Fitopatolóxica Areeiro. Segundo o persoal técnico provincial as condicións meteorolóxicas son moi favorables a este patóxeno, recolléndose nas plantas testemuña de Areeiro a concentración máis alta de esporanxias desta campaña, así como observándose un incremento do número de acios enfermos e a súa superficie afectada.

A institución provincial recomenda vixilancia intensa e continua das viñas para analizar a situación da enfermidade e reaccionar ante unha nova aparición de síntomas. Tamén aconsella despuntar e esfollar de xeito moderado, é dicir, deixando follas suficientes para que os acios poidan seguir desenvolvéndose e evitando deixalos ao sol do lado de poñente.

As néboas e a precipitación fina que se deron estes días, unidas a temperaturas elevadas, foron favorables ao avance do oídio. Así, apareceron síntomas en folla e en acio en varias plantas sen tratamento antioídio, aínda que naquelas tratadas non se observaron síntomas da enfermidade. Polo que respecta ao black rot, Areeiro aconsella manter a vixilancia e procurar eliminar vides abandonas próximas ás viñas en produción. E en canto aos ácaros empezan a observarse síntomas de erinose de verán e avanzou o número de plantas afectadas por síntomas de acariose.

Ademais, nas follas recollidas por Areeiro atópanse ninfas intermedias de Scaphoideus titanus, o cidadelido transmisor da flavescencia dourada polo que o organismo recorda que é obrigatorio tratar contra o insecto e arrancar ou destruír as plantas afectadas nalgunhas zonas das comarcas fronteirizas con Portugal. Debido a que boa parte dos insecticidas autorizados son a base de materias activas de contacto, é moi importante mollar ben o envés das follas e eliminar, nas zonas afectadas, os ladróns das cepas xa que as formas xuvenís do insecto teñen bastante tendencia a agocharse nas súas follas.

Relacionadas

Luis López sinala o festival Vigo Seafest como unha mostra do “dinamismo” do sector...

0
O presidente provincial participa en Vigo na presentación da quinta edición dun festival que enxalza o produto e a cociña mariñeira entre o 11...

Tomiño réndese con grande éxito ao seu primeiro Festival de Maxia

0
Máis de 700 persoas desfrutaron do amplo programa de actividades deste evento que encheu de ilusionismo prazas, rúas e parroquias Ilusionismo sen trampa nen cartón...

O Rosal transforma o seu verán cunha morea de novidades e actividades para todos...

0
O Concello prepara unha axenda estival que contará con novos programas como os ‘Tardeos na Praza’ ou dará novos folgos ao Rosal Cámara Fest Trinta...

A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Arbo para avanzar na redacción do...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Arbo, Horacio Gil, para avanzar na redacción do proxecto de...

O concello de Bueu asegura provisionalmente o Paseo de Agrelo ante ‘a desidia e...

0
Félix Juncal, alcalde de Bueu, visitou esta mañá as obras que consisten na distribución da área, na retirada de dúas árbores e no traslado...

As praias de Marín estrean xullo co izado das Bandeiras Azuis e a chegada...

0
O contrato ten un importe de licitación de 725.437 euros e ten posibilidade dun ano de prórroga.  O prazo de presentación de ofertas estará aberto...

Publicacións Relacionadas