test
Home Pontevedra Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea

Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea

- Anuncio -

O proceso para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de xullo e contará con un importe para levar a cabo este proxecto de máis de 159 mil euros.

Dende o Goberno Local agardan que comecen os traballos na Praza da Aldea pasado o verán. Un proxecto que se está tramitando xunto con outros traballos co fin de crear núcleos de centralidade nos diferentes barrios do concello como é o caso do proxecto da Carreira dos bolos da Pedreira.

O obxectivo desta actuación, segundo lembrou nesta xornada o alcalde, Manu Lourenzo, é poñer en valor o espazo dun dos barrios históricos do concello, ao tempo que se aposta por un modelo “coidado, moderno, agradable, accesible e respectuoso coa esencia do barrio”.

A reforma suporá a creación dun núcleo de centralidade no barrio, poñendo en valor todo o conxunto arquitectónico formado polos muros de mampostería, cruceiros, edificacións e outros elementos que xa forman parte da Praza da Aldea, respectando a esencia que o caracteriza.

Así, consistirá na pavimentación con pedra do país de toda a praza. Ademais, levarase a cabo o arranxo do acceso á praza con pedra e formigón, e dotarase toda a zona con mobiliario urbano, como aparcadoiros, bancos e árbores, que farán da Praza da Aldea un espazo agradable.

Uns traballos que comezarán en canto pase o verán, contarán con 4 meses de prazo de execución e cun investimento de máis de 159 mil euros.

Manu Lourenzo dixo que “con este proxecto trátase de poñer en valor e potenciar o Patrimonio Natural e paisaxístico do noso concello. Trátase de deixar de entender Soutomaior como unha rede de estradas sen espazos para as persoas e de tornar materiais como o piche por materiais nobres como a pedra, a madeira ou o aceiro. E así, deste xeito, recuperar espazos de convivencia da veciñanza e poder volver ver aos nenos xogar na rúa”.

Relacionadas

A Deputación desenvolve o proxecto “Dixitalízate” co que forma en competencias dixitais a preto...

0
As deputadas Belén Cachafeiro, Nava Castro e Isabel Couselo acompañaron hoxe ao alumnado nas formacións presenciais que se desenvolven nos concellos participantes neste “hub”...

Máis de trescentas cativas e cativos participan nos campamentos de verán do concello de...

0
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, visitaron hoxe ao alumnado do campamento de verán que durante esta...

Festín de humor e circo para toda a familia con Dani Blanco e ‘La...

0
Urdime chega a Tomiño con este espectáculo de circo, clown, música e malabares este xoves 4 ás 19.00 h na Praza da Mina Tomiño prepárase...

A pianista Judith Jáuregui chega este sábado ao concerto do Ciclo de Música...

0
Judith Jáuregui convértese nunha das pianistas españolas con máis proxección da súa xeración O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Covelo, convida ao...

Xosé Merelles salienta a consolidación do festival Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

0
O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta en Pontevedra na presentación do festival que arranca este xoves no concello...

O Concello amplía a rede de abastecemento de auga no lugar da Louriña

0
• A obra foi levada a cabo por operarios do departamento de Servizos  Municipais e consistiu na dotación dunha canalización de 380  metros e...

Publicacións Relacionadas