test
Home Deputacións Deputación Pontevedra O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para pedir o traspaso inmediato da titularidade da AP-9 á Xunta de Galicia

- Anuncio -

Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a creación de novos produtos turísticos

A deputada Sandra Bastos abriu a sesión coa lectura dun manifesto en defensa dos dereitos do colectivo LGBTI+ con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xuño, o apoio oficial da institución aos acordos do Parlamento de Galicia e do Congreso dos Deputados para que se efectúe o traspaso da titularidade de AP-9 a Galicia, se anule a prórroga da concesión ata o ano 2048 e se eliminen as tarifas de peaxe para que sexa gratuíta para todos os usuarios e, ao mesmo tempo, enviar unha reclamación ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible para que proceda de inmediato a iniciar este procedemento. O pleno serviu tamén para aprobar o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, ao que o organismo provincial achega 376.200 euros para a consolidación da marca Rio Minho e a creación de novos produtos turísticos transfronteirizos. Así mesmo, a corporación aprobou a conta xeral do 2023, a declaración deserta do proceso de alleamento de 14 parcelas no polígono de Barro e o cambio de titularidade a prol do Concello de Vilaboa dun treito da EP-0104.

A sesión comezou coa lectura dun manifesto por parte da deputada de Igualdade, Sandra Bastos, en defensa dos dereitos do colectivo LGBTI+ coincidindo coa celebración este venres do Día Internacional do Orgullo. A continuación, procedeuse a aprobación, cos votos favorables do grupo do Partido Popular máis os do BNG e a abstención dos deputados do PSOE, da Conta Xeral da Deputación de Pontevedra correspondente ao exercicio do 2023, que inclúe tanto a consolidada, como a da propia Deputación, a da Escola Universitaria de Enfermería, a do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, e a do Consorcio para a Prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Por unanimidade aprobouse a declaración deserta do proceso de alleamento de 14 parcelas no polígono de Barro, para iniciar o alleamento ou constitución de dereito de superficie das mesmas por adxudicación directa durante o prazo dun ano.

A candidatura do proxecto “Visit Rio Minho Plus” para a consolidación da marca e a creación de novos produtos turísticos transfronteirizos foi tamén aprobada por unanimidade. Esta iniciativa promovida pola AECT Río Minho e na que colaboran un total de once entidades galegas e portuguesas conta con fondos Feder europeos para fomentar o turismo con accións conxuntas no sur da provincia e norte de Portugal. Con este obxectivo e ao longo dos vindeiros tres anos, a Deputación achega un total de 376.200 euros, dos que o 75 %, uns 282.150 euros, proceden dunha subvención da Unión Europea.

Na quenda das mocións presentadas polos grupos provinciais, foi aprobada cos votos favorables do Grupo Popular e do grupo do BNG a proposta presentada polo PP para amosar o apoio da Deputación de Pontevedra aos acordos do Parlamento de Galicia e do Congreso dos Deputados para que se efectúe o traspaso da titularidade de AP-9 a Galicia, se anule a prórroga da concesión ata o ano 2048 e se eliminen as tarifas de peaxe para que sexa gratuíta para todos os usuarios e, ao mesmo tempo, enviar unha reclamación ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible para que proceda de inmediato a iniciar este procedemento. Pola contra, foron rexeitadas as peticións do Grupo Socialista para solicitar á Xunta a gratuidade das peaxes AG-57 e instar á Xunta a derrogar a Lei Integral do Ciclo da Auga.

Outros acordos da sesión aprobados por unanimidade foron a transferencia ao Concello de Vilaboa do ramal Igrexa Figueirido da estrada provincial EP-0104, así como o nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados, que queda do seguinte xeito: Na Comisión Galega de Protección Civil será o deputado Alejandro Lorenzo o titular e Javier Tourís o suplente; na comisión mixta de seguimento do convenio GES, Alejandro Lorenzo (titular) e Javier Tourís (suplente); no Consello da Rede de Dinamización Lingüistica, Jorge Cubela (titular) e Belén Cachafeiro (suplente); na Fundación Xosé Neira Vilas, Jorge Cubela; e no GDR-16 Deza, Belén Cachafeiro.

Relacionadas

A Deputación desenvolve o proxecto “Dixitalízate” co que forma en competencias dixitais a preto...

0
As deputadas Belén Cachafeiro, Nava Castro e Isabel Couselo acompañaron hoxe ao alumnado nas formacións presenciais que se desenvolven nos concellos participantes neste “hub”...

Máis de trescentas cativas e cativos participan nos campamentos de verán do concello de...

0
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, visitaron hoxe ao alumnado do campamento de verán que durante esta...

Festín de humor e circo para toda a familia con Dani Blanco e ‘La...

0
Urdime chega a Tomiño con este espectáculo de circo, clown, música e malabares este xoves 4 ás 19.00 h na Praza da Mina Tomiño prepárase...

A pianista Judith Jáuregui chega este sábado ao concerto do Ciclo de Música...

0
Judith Jáuregui convértese nunha das pianistas españolas con máis proxección da súa xeración O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Covelo, convida ao...

Xosé Merelles salienta a consolidación do festival Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

0
O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta en Pontevedra na presentación do festival que arranca este xoves no concello...

O Concello amplía a rede de abastecemento de auga no lugar da Louriña

0
• A obra foi levada a cabo por operarios do departamento de Servizos  Municipais e consistiu na dotación dunha canalización de 380  metros e...

Publicacións Relacionadas