Home Pontevedra Campo Lameiro A Xunta potencia entre as actividades deste verán o coñecemento do patrimonio...

A Xunta potencia entre as actividades deste verán o coñecemento do patrimonio de Campo Lameiro

- Anuncio -
  • O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre ofrece varias propostas para toda a familia como obradoiros, contacontos, ioga, visitas nocturnas e mesmo un escape room
  • Con estas iniciativas desenvólvense un dos eixos estratéxicos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, como é a divulgación entre todos os públicos da riqueza patrimonial de Galicia 

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha entre as súas propostas de verán varias actividades que teñen que ver co patrimonio, entre elas as que se poderán gozar no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra). Así, neste enclave que alberga unha das maiores concentracións de petróglifos de Europa, as familias terán unha oferta especial para achegarse á arqueoloxía de maneira lúdica.

Nas mañás de martes a venres, baixo o lema Prehistoria en familia combínanse diversos obradoiros con visitas guiadas en formato contacontos sobre a vida de Landra, unha historia que xira ao redor dunha rapaza que viviu na Idade do Bronce e descubriu a función e significado da arte rupestre.

Polas tardes organízase o escape room O tesouro da moura, que evoca a unha figura mítica do folclore galego e que discorre polo interior do Centro de Interpretación. A isto súmaselle unha proposta de ioga en familia, que se desenvolverá o 13 de xullo e o 24 de agosto.

Ademais, entre o 25 de xullo e o 25 de agosto terá lugar a terceira edición do concurso de fotografía Enfoques Rupestres, un certame que pretende incorporar a temática desta arte ao público interesado pola fotografía e, ao mesmo tempo, axudar á súa visibilización a través das redes sociais. O primeiro premio está dotado con 200 euros, mentres que o segundo conta con 100 euros.

Por outra parte, repítese a experiencia nocturna con visitas ás estacións rupestres do Parque Arqueolóxico acompañadas de iluminación especial e nas que se relatarán diversas lendas relacionadas coa figura etnográfica e literaria dos petróglifos. O público que queira aproveitar esta oportunidade poderá facelo os venres de xullo e agosto a partir das 22,00 horas.

As instalacións amplian o seu horario de apertura durante a época estival para facilitar a estadía dos visitantes nesta paisaxe prehistórica de 22 hectáreas de extensión. As reservas para participar nas actividades deben facerse a través da web oficial do Parque.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Publicacións Relacionadas